CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Aguia perdigueira (Hieraaetus fasciatus)

Descrición

Algo máis grande que un miñato, de complexión forte. Os adultos teñen as partes superiores de cor castaña escura, con pequenas zonas de cor arroibada. As partes ventrais, en cambio, son de cor branca, con manchas. As ás son anchas e longas, cunha notoria banda escura no medio. A cola ten unha evidente banda terminal escura.

Reprodución

Constrúe o seu niño en ocos e resaltes de acantilados de montaña, moi raras veces en árbores. A comezos da primavera poñen 2 ovos, que incuba a femia.

Alimentación

Come mamíferos de tamaño medio (lebres, coellos...) ou pequenos (ratos), réptiles e aves.

Hábitat

Montañas con pendentes e áreas abertas onde parar na busca de alimento.

Distribución

Moi rara no noso territorio, preséntase sempre de marzo a outubro e normalmente na parte sueste.

Estado de conservación

Ameazada pola caza furtiva e pola alteración dos seus hábitats de cría.

Categoría de conservación

Vulnerábel.

Nome común Aguia perdigueira Nome científico Hieraaetus fasciatus Clase Aves Familia Accipitridae

Documento/s relacionados
Subir