CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Aguaneira (Galemys pyrenaicus)

Descrición

É un pequeno mamífero cuxo corpo mide ata 14 cm, ao que hai que engadir a súa longa cola, que mide entre 13 e 15,6 cm. O seu corpo é ancho e aplanado, similar ao dunha rata. É característico o seu fociño alongado, que no seu extremo ten unha prolongación en forma de trompa móbil duns 2 cm que presenta uns orificios nasais dirixidos cara arriba, os cales poden ser ocluídos. Esta trompa é moi sensible grazas a que está provista duns pelos sensibles. Os seus ollos son moi pequenos e non ten orellas, os oídos encóntranse cubertos polo pelo. Posúe unhas patas con 5 dedos cada unha, provistas de fortes uñas e unhas membranas interdixitais a modo de aletas que lle serven para facilitar a natación. As patas traseiras están máis desenvolvidas que as dianteiras. O pelo é espeso e brillante, lixeiramente impermeable, de cor gris escura ou castaña no dorso e cor crema na zona ventral.

Reprodución

Frecuentemente entra en celo entre xaneiro e maio, adiantándose os machos un pouco ás femias. Poden ter lugar 1 ou 2 partos anuais, con 1-5 crías por parto, resgardándose en niños ben protexidos con restos vexetais.

Alimentación

É un insectívoro que se alimenta de todo tipo de invertebrados acuáticos, pero ocasionalmente tamén pode capturar crustáceos e algúns peixes pequenos.

Ten un olfacto e un gusto moi desenvolvidos, e un tacto extraordinario grazas aos peliños da súa trompa, os cales son moi sensibles aos cambios de presión da auga, detectando así obstáculos ou presas a 1 m de distancia.

Hábitat

Vive en arroios e ríos de fortes correntes con augas osixenadas e limpas.

Distribución

Ao norte da península Ibérica habita desde Galicia ata Cantabria.

Estado de conservación

As súas principais ameazas son a contaminación dos ríos, a destrución de ribeiras e a construción de encoros. A súa conservación pasa por manter en boas condicións os ríos e ribeiras de montaña, evitando a súa destrución, contaminación, canalizacións e encoramentos. Difícil cuantificar o tamaño poboacional, que experimenta importantes variacións anuais.

Categoría de conservación

Vulnerábel.

Nome común Aguaneira Nome científico Galemys pyrenaicus Clase Mamíferos Familia Talpidae

Documento/s relacionados
Subir