CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Ameixa de río (Anodonta cygnea)

Descrición

Caracterízase pola ausencia de clientes na articulación das cunchas, que o diferencia doutros uniónidos. A forma da cuncha é ovoide-alongada, de gran tamaño (175 mm de lonxitude ou incluso máis). As valvas varían de forma coa idade do individuo: nos exemplares xuvenís as valvas son comprimidas e nos adultos cambia a unha forma inchada. O interior da cuncha está formado por nácara.

Reprodución

Probablemente os individuos son hermafroditas. As larvas presentan fortes espiñas coas que se adhiren aos peixes, que as transportan ata que se desprenden para posteriormente fixarse no fondo.

Alimentación

Anodonta cygnea é un organismo suspensívoro que se encontra enterrado no substrato; para alimentarse está provisto duns sifóns que saca ao exterior polos que absorbe pequenas partículas disoltas na auga.

Hábitat

Vive enterrada en fondos de areas e gravas. Aínda que pode colonizar tanto cursos de auga lóticos como lénticos, predomina nas augas estancadas de ambientes lénticos (estanques, lagos, pantanos...).

Distribución

Paleártica. Foi citada na maior parte da península Ibérica.

Estado de conservación

Debe evitarse a eutrofización dos cursos de auga nos que persisten poboacións da especie.

Categoría de conservación

Vulnerábel.

Nome común Ameixa de río Nome científico Anodonta cygnea Clase Moluscos Familia Unionidae

Documento/s relacionados
Subir