CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Sábalo (Alosa alosa)

Descrición

Esta especie ten unha lonxitude de ata 75 cm nos individuos adultos, mentres que nos individuos novos a lonxitude oscila entre os 35-40 cm. Presenta dúas escamas alongadas situadas na base da aleta caudal que a diferencian do resto de especies da súa familia. O seu corpo é dunha cor azul-verdosa, con flancos prateados e cun número variable de manchas escuras.

Reprodución

É unha especie anádroma. O seu período reprodutivo ten lugar de febreiro a xuño, época en que os adultos se reúnen formando grupos moi numerosos. Os ovos son depositados sobre o substrato, onde serán arrastrados pola deriva para eclosionar ao cabo de 4-5 días. Cando alcanzan o tamaño axeitado, deixan as augas doces para ir alimentarse ao mar durante os meses de agosto e outubro e conseguir un talle adecuado. Unha vez terminado todo este proceso reúnense en grupos para emigrar de novo ao río e reproducirse; neste último período os individuos non se alimentan, morrendo despois da posta.

Alimentación

A súa alimentación baséase principalmente en crustáceos peláxicos e peixes pequenos que se encontran no plancto.

Hábitat

Vive preto da desembocadura dos ríos, onde atopa alimento fácil.

Distribución

Océano Atlántico central e ríos principais que nel desembocan.

Estado de conservación

A especie está ameazada polos encoros e a contaminación dos ríos.

Categoría de conservación

Vulnerábel.

Nome común Sábalo Nome científico Alosa alosa Clase Peixes e Agnatos Familia Clupeidae

Documento/s relacionados
Subir