CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Centaurea borjae (Centaurea borjae)

Descrición

Planta perenne de ata 6 cm. Follas basais, as primeiras enteiras ou lobadas, e segundo van crecendo fanse pinnatisectas (con nervadura pinnada e co bordo fendido en divisións longas e estreitas que levan o nervio medio). Os capítulos poden ser desde solitarios ata en grupos de 2 ou 3. Brácteas do involucro pilosas, con espiña apical longa e recurvada. Corolas de cor rosado-púrpura. Aquenio piloso e sen vilano. Presenta flores hermafroditas que son polinizadas por insectos.

Demografía

As poboacións son moi escasas (vinte individuos por metro cadrado).

Hábitat

Vive na parte superior dos acantilados en ambientes moi venteados e con escasa vexetación, en fendas sobre afloramentos rochosos de carácter ultrabásico. Algúns individuos tamén colonizan pistas ou camiños situados nas proximidades das poboacións naturais.

Distribución

Endemismo galego. Localizado no noroeste da provincia da Coruña (A Capelada e cabo Prior). As súas poboacións sitúanse dentro do LIC Costa Ártabra.

Estado de conservación

Os principais problemas que producen unha diminución na especie son, por un lado, a súa pobre estratexia reprodutiva e, por outro, a escaseza de solos ultrabásicos no litoral de Galicia. Outro dos inconvenientes é o pastoreo do gando en réxime de semiliberdade, que causa danos á especie pola pisadura e pola inxesta, principalmente dos capítulos.

Categoría de conservación

En perigo de extinción.

Documento/s relacionados
Subir