CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Fauchea repens (Fauchea repens)

Descrición

Trátase dunha alga de cor vermella, carnosa, cartilaxinosa e coa superficie brillante, como vernizada. Talo formado por un eixe aplanado de ata 5 mm de anchura, ramificado dicotomicamente, divaricado, cos segmentos dispostos nun plano.

Reprodución

Reprodución sexual, con ciclo trixenético. Gametófito e tetrasporófito semellantes.

Hábitat

Habita en fondos rochosos submareais (ata 15 metros de profundidade).

Distribución

Nordeste atlántico, Mediterráneo occidental, Adriático, Mediterráneo oriental. Son de interese bioxeográfico as poboacións galegas, xa que confirman a existencia da especie en augas peninsulares, desde as antigas citas no norte (Sauvageau, 1897; Miranda, 1931) e sur da península Ibérica.

Categoría de conservación

Vulnerábel.
 

Subir