CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Dryopteris aemula (Dryopteris aemula)

Descrición

Especie cuxas frondes miden ata 70 cm de lonxitude. As súas follas presentan un pecíolo con escamas dispersas, de forma lanceolada e dunha cor castaña. A lámina é triangular-lanceolada, de cor verde clara, de consistencia herbácea, dividida 3 veces (tripinnada) ou incluso catro nas porcións máis pequenas, de bordo dentado. Os soros están protexidos por unha membrana glandulosa (o indusio), caediza e dunha cor abrancazada.

Reprodución

Mediante esporas.

Hábitat

Vive en bosques e rochedos ácidos de zonas moi chuviosas.

Distribución

Rexión macaronésica, península Ibérica, Francia, illas británicas, Turquía e Transcaucasia. Serras costeiras do N e NO peninsular. En Galicia atópanse nas provincias da Coruña, Lugo e Pontevedra.

Estado de conservación

Ligado a ambientes húmidos e ben conservados. A súa principal fonte de ameaza é a deterioración dos ambientes en que vive este fieito.

Categoría de conservación

Vulnerábel.

Nome común Dryopteris aemula Nome científico Dryopteris aemula Clase Fentos Familia Aspidiaceae

Documento/s relacionados
Subir