CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Alyssum loiseleurii (Alyssum loiseleurii)

Descrición

Planta perenne, algo leñosa. Os talos, deitados, poden alcanzar os 20 cm. As follas caulinas son alternas e ovado-espatuladas; as basais son circulares. Están cubertas de pequenísimos pelos estrelados. As flores agrupadas en espesos acios e os seus pétalos emarxinados son de cor amarela. O froito é unha pequena silícula coas valvas pilosas.

Reprodución

Florece de xuño a agosto.

Hábitat

Dunas e areais costeiros.

Distribución

Desde as costas atlánticas francesas ata Galicia.

Estado de conservación

A máis grave ameaza deriva da alteración do hábitat polo urbanismo e a constante pisadura das súas poboacións.

Categoría de conservación

Vulnerábel.

Nome común Alyssum loiseleurii Nome científico Alyssum loiseleurii Clase Plantas superiores Familia Cruciferae

Documento/s relacionados
Subir