CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Armeria rothmaleri (Armeria rothmaleri)

Descrición

Planta herbácea, perenne, multicaule de follas basais, enteiras e lanceoladas, da que emerxen talos únicos e áfilos que poden alcanzar os 40 cm. Os talos acaban nun glomérulo de flores rosadas e papiráceas.

Reprodución

Entomófila xeralista, visitada principalmente por himenópteros, dípteros e coleópteros. Os exemplares poden florecer nun ano.

Hábitat

Vive en fendas de rochedos calcarios e en solos con acumulación de materia orgánica.

Distribución

Endemismo ibérico, presente unicamente no sector berciano-sanabrés.

Estado de conservación

A principal ameaza provén da reducida extensión da área de ocupación da especie.

Categoría de conservación

Vulnerábel.

Nome común Armeria rothmaleri Nome científico Armeria rothmaleri Clase Plantas superiores Familia Plumbaginaceae

Documento/s relacionados
Subir