CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Carex hostiana (Carex hostiana)

Descrición

Presenta un rizoma subterráneo do que emerxe un talo flexible onde se dispoñen as follas de forma alterna. No ápice dos talos fórmanse as inflorescencias que se situarán en distintos planos en función do sexo destas: as femininas dispoñeranse abaixo formando densas espigas, mentres que as espigas masculinas se colocarán na parte distal.

Reprodución

Florece entre maio e xullo e os froitos maduran ao longo do verán.

Hábitat

Planta propia de pasteiros encharcados, beiras de mananciais, uceiras húmidas, etc.

Distribución

É moi rara na península Ibérica.

Estado de conservación

Moi pouco común. A súa ameaza é a alteración dos mananciais e zonas húmidas en que se desenvolve.

Categoría de conservación

Vulnerábel.

Nome común Carex hostiana Nome científico Carex hostiana Clase Plantas superiores Familia Cyperaceae

Documento/s relacionados
Subir