Descrición
Especie de lonxitude entre 5-10 cm. Esta planta ten numerosos talos, simples e ascendentes. As follas superiores teñen forma lanceolada, con bordo enteiro e simple; as inferiores son pecioladas. As flores de cor rosa-violácea encóntranse formando capítulos solitarios.
Reprodución
Especie entomófila.
Hábitat
Vexetación endémica que se desenvolve sobre zonas serpentinizadas. Estas plantas medran en lugares onde a infertilidade do solo é elevada, por isto cobran grande interese.
Distribución
Trátase dun endemismo exclusivo de Galicia. Atópase na área serpentínica do centro de Galicia, na comarca de Melide (A Coruña).
Estado de conservación
Na zona é relativamente abundante. O hábitat en que se encontra esta especie presenta en xeral un aceptable estado de conservación. Tamén está considerada como vulnerable no AFA/Lista vermella.
Categoría de conservación
Vulnerábel.
Nome común Centaurea janeri subsp. gallaecica Nome científico Centaurea janeri subsp. gallaecica Clase Plantas superiores Familia Asteraceae