CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Sapiño pinto (Poboacións insulares) (Discoglossus galganoi)

Descrición

Tamaño medio, con patas traseiras longas. Cabeza ancha e reprimida, cun fociño aguzado. Tímpano apenas visible. Ollos moi saltóns, cunha pupila redonda ou triangular. Iris escuro nos dous terzos inferiores e dourado claro no terzo superior. Baixo as palmas posúe tres tubérculos metacarpianos. A pel é lisa e brillante, de tons pardos e agrisados. A zona ventral é branca ou algo amarelada.

Reprodución

O período reprodutivo abarca de decembro a xullo. O axuntamento, o típico abrazo ou amplexus da maior parte dos anfibios, é moi curto e lumbar. Unha única femia pode axuntarse con varios machos de maneira consecutiva, de xeito que pode poñer ata 1500 ovos nun só día. Os lugares de reprodución son de escasa profundidade, como charcas de chuvia, fontes, pequenos regatos, charcos de covas ou de acantilados costeiros.

Alimentación

Na súa dieta entran todo tipo de invertebrados e incluso xuvenís da súa propia especie. Come insectos, arañas, caracois e vermes.

Hábitat

Gústalle a proximidade de regatos, charcos, charcas e todo tipo de cursos de auga de pouca profundidade. Pode aparecer en certas zonas de matogueira (de toxos, xestas ou uceira). Tamén pode ocupar medios moi humanizados e con alta carga de contaminación ou eutrofización. É unha especie moi xeralista, aparecendo tamén en minas abandonadas.

Dirtribución

Moi abundante en todo o país, sobre todo por debaixo dos 500 m de altitude. Escasea no SE de Ourense.

Estado de conservación

Non ten problemas na maior parte do noso territorio, excepto nalgúns arquipélagos. En moitas zonas é unha especie en expansión.

Categoría de conservación

As poboacións residentes nas Illas Cíes, Ons e Sálvora están catalogadas como vulnerables.

Nome común Sapiño pinto (Poboacións insulares) Nome científico Discoglossus galganoi Clase Anfibios Familia Discoglossidae

Documento/s relacionados
Subir