CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Armeria humilis subsp. humilis (Armeria humilis subsp. humilis)

Planta ramificada que cando é adulta ten aspecto almofadado. Follas lineares, as externas planas, as internas máis estreitas e acanaladas. Presenta brácteas externas máis curtas que as internas. Moitas plantas novas morren a causa da seca; as plantas que chegan a ser adultas poden desenvolver un sistema vigoroso de raíces, no cal a radícula vaise convertendo gradualmente nunha raíz pivotante superior a 15 cm.

Demografía

Que esta especie pase de xuvenil a adulta depende en gran medida da competencia, das características climatolóxicas e a profundidade do solo correspondentes ao primeiro ciclo completo da plántula.

Hábitat

Fendas de grandes rochedos situados nos cumes e en solos areosos no profundo das inmediacións.

Distribución

Endemismo das serras do Xurés-Gerês, na fronteira entre España e Portugal. A poboación desta especie está localizada dentro do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés.

Estado de conservación

A principal ameaza correspóndese coa reintrodución de cabras da subespecie alóctona (Capra hispanica subsp. hispanica) e os incendios forestais. Existen problemas de endogamia.

Categoría de conservación

En perigo de extinción.

Nome común Armeria humilis subsp. humilis Nome científico Armeria humilis subsp. humilis Clase Plantas superiores Familia Plumbaginaceae

Documento/s relacionados
Subir