CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Armeria humilis subsp. odorata (Armeria humilis subsp. odorata)

Descrición

Caméfito de pequeno tamaño, con escapo moi curto (< 10 cm). Follas en roseta, as externas planas e as que nacen do centro da roseta filiformes. Flores de color malva.

Demografía

Non se reproduce ben por sementes. Morren bastantes exemplares antes do primeiro ano de vida a causa da seca estival.

Hábitat

Plantas de solos areosos pouco profundos na proximidade de afloramentos granitoides alcalinos e esquistos.

Distribución

Na fronteira entre Ourense e norte de Portugal. As poboacións galegas están incluídas dentro do P. Natural Baixa Limia-Serra do Xurés e do LIC Baixa Limia.

Estado de conservación

A construción de estradas, polígonos, a plantación de Pinus sylvestris e o abandono das actividades tradicionais supoñen cambios no territorio que diminúen o hábitat óptimo da especie.

Categoría de conservación

En perigo de extinción.

Documento/s relacionados
Subir