CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Armeria merinoi (Armeria merinoi)

Descrición

Planta de follas basais lineares ou sublineares, planas. Brácteas externas máis longas e ovadas. Corola de cor rosada. Flores hermafroditas, polinizadas por insectos.

Demografía

A poboación é pequena, isto é debido a que o seu hábitat é moi específico. En determinadas zonas, as poboacións poderían estar en regresión ao evolucionar o seu hábitat cara a matogueiras ou prados.

Hábitat

Vive sobre substrato ultrabásico, xeralmente en solos encharcados temporalmente.

Distribución

Endemismo galego. Poboacións localizadas na serra do Careón, ligadas ao afloramento serpentínico, e incluídas no LIC Serra do Careón.

Estado de conservación

Dada a súa escasa distribución ecolóxica, son moitos os factores que poden supoñer unha ameaza, como a construción de novas vías de comunicación, pastoreo ou a explotación forestal. Ademais disto, o avance da matogueira tamén supón unha ameaza de tipo biótico pola transformación do hábitat, o que termina desprazando a especie.

Categoría de conservación

En perigo de extinción.

Documento/s relacionados
Subir