Descrición
Planta perenne, talos de ata 40 cm, ramificados na metade superior. Follas ovado-elípticas. Inflorescencia en acio de 2-6 flores hermafroditas de color amarela e con sépalos desiguais. A polinización realízase por medio de insectos (entomofilia). As sementes presentan unha á membranosa ancha que podería indicar un tipo de dispersión polo vento.
Demografía
Difícil de estimar dada a complicada accesibilidade aos acantilados.
Hábitat
Vive en acantilados e areais costeiros.
Distribución
As poboacións distribúense ao longo da costa da Coruña, desde o cabo Vilán ata Estaca de Bares, e están incluídas no LIC Costa Ártabra e no LIC Costa da Morte.
Estado de conservación
Foi afectada polo vertido de fuel do petroleiro Prestige (no cabo Vilán). Ademais disto, unha ameaza moi importante para esta especie é a construción de paseos e acondicionamento das praias.
Categoría de conservación
En perigo de extinción.
Nome común Paxariños amarelos Nome científico Linaria polygalifolia subsp. aguillonensis Clase Plantas superiores Familia Scrophulariaceae