CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Omphalodes littoralis subsp. gallaecica (Omphalodes littoralis subsp. gallaecica)

Descrición

Planta anual, terófita, glauca. Talos raramente erectos. Follas espatuladas e algunhas lanceoladas. Inflorescencia bracteolada e flores con corola de cor branca, xeralmente con matices azuis. A dispersión das sementes é zoócora, grazas á súa capacidade de adhesión ao pelo dos animais.

Demografía

As poboacións desta planta parecen experimentar importantes oscilacións, polo que poden multiplicar ou dividir por dez os seus efectivos en anos consecutivos. Pode ser puntualmente moi abundante ou salpicar en baixas densidades o territorio.

Hábitat

Vive en dunas semifixas grises e pouco alteradas (asociada á comunidade xerofítica de fenoloxía estival Violo hanriquesii-Silenetum littoreae e á endémica Iberidetum procumbentis). En ocasións habita zonas expostas, onde o substrato rochoso está cuberto por unha capa de area.

Distribución

Endemismo coruñés. A súa poboación distribúese en varios núcleos, área norte de Ferrol, Costa da Morte e península da Barbanza. Todos eles situados nalgún destes LIC: Costa Ártabra, Costa da Morte, Complexo Húmido de Corrubedo.

Estado de conservación

Encontrábase en lugares ata hai pouco inalterados, pero na actualidade, a causa do turismo en zonas de praia, comezou unha deterioración das súas poboacións coa construción de zonas de recreo, paseos, aparcadoiros, etc. Ademais disto, as dunas onde medra a especie están sendo degradadas mediante a extracción de area, pisaduras, quads e tránsito de maquinaria agrícola, o que está provocando que as poboacións diminúan.

Categoría de conservación

En perigo de extinción.

Nome común Omphalodes littoralis subsp. gallaecica Nome científico Omphalodes littoralis subsp. gallaecica Clase Plantas superiores Familia Boraginaceae

Documento/s relacionados
Subir