CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Rhamnus pumila subsp. legionensis (Rhamnus pumila subsp. legionensis)

Descrición

Arbusto anano que vive prostrado sobre o substrato. As follas teñen forma ovalada e presentan pelos. Na flor destaca un cáliz de cor verde-amarelenta, xa que carece de pétalos. Os seus froitos son consumidos por aves que participan na súa dispersión (endozoocoria).

Demografía

Fertilidade elevada, polo que durante a frutificación pode aparecer sobre a planta unha cantidade elevada de froitos. Os individuos necesitan chegar a un diámetro de 10 cm para poder xerar flores.

Hábitat

Desenvólvese exclusivamente sobre paredes calcarias verticais.

Distribución

En Galicia é endémico de Ourense, encóntrase unicamente no Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra.

Estado de conservación

A destrución do hábitat é causada en gran medida pola explotación mineira de calcaria en forma de canteiras, unha das actividades económicas principais da comarca de Valdeorras. O parasito Puccinia coronata podería ter un efecto nocivo para esta especie, ao parasitar nos seus froitos.

Categoría de conservación

En perigo de extinción.

Nome común Rhamnus pumila subsp. legionensis Nome científico Rhamnus pumila subsp. legionensis Clase Plantas superiores Familia Rhamnaceae

 

Documento/s relacionados
Subir