CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Bola de neve o Fungo común (Agaricus arvensis)

Bola de neve o Fungo común (Agaricus arvensis)

Descrición

Presenta un sombreiro de 5-15 cm de diámetro, globoso nos exemplares novos, evolucionando a convexo a medida que madura e finalmente estendido. Cutícula separable, lisa e mate, a miúdo agretada. A marxe é delgada e incurvada con restos do veo.

Láminas libres, apertadas, estreitas e desiguais. Pálidas ao principio, rosadas máis tarde e pardo chocolate na madureza.

O pé é cilíndrico, macizo, oco na madureza, engrosado cara á base e sen bulbo, branco ou da mesma cor que o sombreiro. Presenta anel dobre na parte alta, amplo, sólido, membranoso e coa marxe dentada.

Hábitat

Prados, xardíns, parques e campos. Aparece no outono, ás veces tamén na primavera, en grupos ou círculos ("roda de bruxas") xeralmente moi numerosos.

Distribución

Amplamente distribuído por toda Europa. Moi frecuente en Galicia.


Interese humano

Excelente comestible. É un dos cogomelos silvestres máis coñecido e recolectado para o seu consumo. A. bisporus é a especie que se cultiva, aínda que de menor calidade gastronómica que a silvestre.

Recóllese entre maio e setembro, sendo as fases explotables a gametofítica e a tetrasporofítica.

Nome común
Bola de neve o Fungo común
Nome científico
Agaricus arvensis
Clase
Basidiomycetes
Familia
Agaricaceae

Documento/s relacionados
Subir