CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Bengalí vermello (Amandava amandava)

Descrición

Ave moi pequena (9,5-10,5 cm). Ten un peteiro ancho de cor vermella. En ambos os dous sexos, as partes superiores son pardas agrisadas con finas pintas sobre as ás; caudais vermellas e cola escura. En época de cría (maio-decembro), os machos son moi vistosos, presentando a maior parte da cabeza e partes superiores de cor vermella carmín, e partes inferiores con lunares brancos. Trátase dunha ave de carácter moi sociable e ruidoso.

Reprodución

Cría en outono. Poden realizar varias postas en cada tempada, formadas cada unha por 4-6 ovos que incuban durante 11 días.

Alimentación

Moi variada: sementes, froitos, verduras e insectos.

Hábitat

Sobre todo en lugares con vexetación ribeirá: canles con macrófitos, carriceiras, quenllas, etc., pero tamén en cultivos.

Distribución

É unha especie asiática reprodutora na península Ibérica desde os anos setenta. En Galicia atópase criando, e distribúese sobre todo pola costa na metade sur: Dodro, Corrubedo, Pontevedra e Vigo. Trátase dunha especie en expansión.
Nome común
Bengalí vermello

Nome científico
Amandava amandava

Clase
Aves

Familia
Estrildidae

Documento/s relacionados
Subir