CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Diamante mandarín (Poephila guttata)

Descrición

Ave de 10 centímetros de lonxitude. Ambos os dous sexos son similares, aínda que a femia é máis gris. Por enriba son de cor gris coas ás marrón-agrisadas e a cola negra con bandas diagonais brancas. Teñen as bigoteiras brancas e unha estría negra vertical debaixo dos ollos. Patas e peteiro vermellos. A femia carece das meixelas alaranxadas do macho, a garganta e o peito non teñen manchas negras onduladas, nin ten os flancos alaranxados con manchas brancas como no macho.

É unha ave tremendamente sociable. Pasa todo o ano en bandadas e cría en colonias.

Reprodución

Reprodúcese despois do período de chuvias, xa que é cando hai maior cantidade de alimento dispoñible, e sempre coa mesma parella. O macho constrúe o niño, no que a femia pon de 3 a 8 ovos, que incuban durante 14 días.

Alimentación

Aliméntanse de sementes e insectos.

Hábitat

Vive en campo aberto e en pradarías, pero tampouco rexeita as formacións boscosas, xeralmente nas proximidades da auga, aínda que se adapta bastante ben a condicións desérticas ou semidesérticas, con algunha árbore ou matogueira onde poder refuxiarse.

Distribución

Orixinario de Australia. Existen algúns núcleos dispersos por Galicia, sobre todo na parte sur, en zonas menos chuviosas. Trátase dunha especie que podería estar a criar en Galicia, pero da que aínda non se ten confirmación.

Nome común
Diamante mandarín
Nome científico
Poephila guttata
Clase
Aves
Familia
Estrildidae

Documento/s relacionados
Subir