CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Catorra de Kramer (Psittacula krameri)

Descrición

Ave duns 40 cm coa cola moi longa e de cor verde atraente. Mandíbula superior do peteiro de cor vermella escura, mentres que a inferior é de cor moura. Os machos presentan un colar fino negro e rosa, que pode faltar nas femias ou ser de cor verde. Iris escuro. Patas agrisadas. O xuvenil é como o adulto, pero coa fronte dun gris verdoso e desprovisto de colar.

Reprodución

Entre novembro e xuño, variando segundo o lugar de procedencia. Postas de 2 a 6 ovos. Os polos independízanse ás 6 ou 7 semanas e a madureza sexual alcánzase aos 3 anos nos machos. A especie utiliza os niños durante todo o ano como dormitorio, polo que a presenza de niño non implica necesariamente a súa reprodución. Estes son construídos en tellados de edificios e ocos de árbores.

Alimentación

A súa dieta é xeralmente granívora, composta de sementes de ciprés, piñeiro, olmo, xirasol, etc., aínda que tamén se alimenta de froitos de palmeiras, figueiras, árbores froiteiras e abrollos de follas e flores, así como de herbas e insectos.

Hábitat

Vive en parques e xardíns, campos de golf, áreas deforestadas, bosques, zonas de cultivo, zonas secas e zonas próximas á costa.

Distribución

A especie é orixinaria de África e sur de Asia. Existen núcleos reprodutores en Galicia, sobre todo na provincia de Pontevedra, onde foi detectada a especie por vez primeira en Galicia.

Nome común
Catorra de Kramer
Nome científico
Psittacula krameri
Clase
Aves
Familia
Psittacidae

Documento/s relacionados
Subir