CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Faisán (Phasianus colchicus)

Descrición

Os machos desta especie son máis vistosos que as femias, lucindo unha longa cola e vistosas cores. O macho ten o corpo cobreado, o pescozo púrpura verdoso iridiscente e unha mancha vermella arredor dos ollos. Mentres que a femia é marrón.

Reprodución

O macho forma un harén. As femias nidifican no territorio do macho, construíndo un niño no chan no que poñen de 7 a 15 ovos que incuban durante 22-24 días. Os polos saen do niño ao pouco de nacer e aos 10-12 días xa son capaces de voar.

Alimentación

Omnívoro. Aliméntase no chan, principalmente de sementes, froitos e insectos, aínda que tamén pode incluír na súa dieta pequenos vertebrados.

Hábitat

En xeral adoita seleccionar áreas de mosaico con alternancia de prados, cultivos e zonas de arboredo. En Galicia ocupa toxeiras (Ulex spp.) extensas rodeadas de pequenas formacións arboradas.

Distribución

A especie foi obxecto de numerosas introducións realizadas por sociedades de cazadores, aínda que existen zonas en Galicia en que podería estar a criar con certa regularidade. No resto da comunidade autónoma non se considera unha especie totalmente adaptada.

Nome común
Faisán
Nome científico
Phasianus colchicus
Clase
Aves
Familia
Phasianidae

Documento/s relacionados
Subir