CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Santalina de auga (Cotula coronopifolia)

Descrición
Planta anual. Talos prostrados, con follas alternas sen pecíolo de 2-5 cm. As inflorescencias son capítulos hemisféricos, solitarios, de 5-10 mm de diámetro. Sen flores liguladas, todos os flósculos dun amarelo intenso. Aquenios de dous tipos, os externos alados e comprimidos, os internos maiores e convexos.


Lugar de proveniencia
Rexión do Cabo, Sudáfrica.


Propagación
Reprodución vexetativa por enraizamento dos talos que se fragmentan con facilidade. Tamén se ten descrito reprodución por semente.


Comportamiento e problemática
Especie moi estendida que pode cubrir amplas zonas por alteración das zonas de marisma, formando unha comunidade case monoespecífi ca e competindo, polo tanto, coas especies nativas polos recursos, entre outras diferentes especies de interese especial destes hábitats.


Introdución
Accidental, coñécese a súa existencia en Galicia desde finais do século XIX.


Hábitats en que aparece
Comunidades costeiras de marisma, xunqueiras de Carex extensa e Juncus maritimus e comunidades pioneiras de marisma de Arthrocnemum perenne e Spergularia marina.


Distribución en Galicia

Toda a zona costeira galega con importancia nas áreas máis extensas de marisma, como o esteiro do Miño, A Lanzada, Corrubedo, Betanzos, Ortigueira, etc.


Outras especies
Cotula australis L. é un pequeno terófito orixinario de Australia e Nova Celandia que se detectou nalgúns puntos de Galicia como Vigo, Pontevedra, Santiago de Compostela ou A Coruña en zonas máis ou menos alteradas.


Mecanismos de control


Control mecánico
A única posibilidade de aplicar un control mecánico sería mediante o arranque manual. Neses caso será moi importante que non quede ningún fragmento no terreo, xa que enraizaría. Este traballo é moi laborioso polo hábitat en que se atopan.


Control químico
O control químico desta invasora é unha tarefa moi delicada. A pesar de que existen en España produtos rexistrados para o uso en zonas húmidas, este vai ter un risco para as plantas nativas e, polo tanto, é desaconsellable, xa que é difícil evitar que outras plantas se vexan afectadas por ese tratamento. Quizais o seu uso se podería considerar cando a planta cobre superficies amplas e monoespecíficas. Nestes casos sería recomendable realizar tratamentos puntuais, preferentemente no centro da poboación.


Control biolóxico

Na actualidade non existe ningún axente para o control desta planta.


Bibliografía
Valdés Bermejo, 1981; Soñora, 1991: 100.

Nome común
Santalina de auga
Nome científico
Cotula coronopifolia
Clase
Plantas superiores
Familia
Compositae

Documento/s relacionados
Subir