CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Pasto mel (Paspalum dilatatum)

Descrición

Herbácea perenne de talos erguidos, glabros de ata 1 m de altura. Follas de ata 40 cm con marxe escariosa e lígula membranácea de 2-6 mm. A inflorescencia é unha panícula de 10-25 cm que ten 3-7 espigas con espiguiñas de 3- 4 mm ovadas, verde-amareladas. Glumas desiguais, a inferior ausente e a superior ovada e pubescente. Anteras de 1,5 mm. Froito en cariópside.


Lugar de Lugar de proveniencia
América del Sur: Brasil, Uruguay y Argentina.


Propagación
A propagación a partir de fragmentos do rizoma é intensa, pero tamén é moi alta a rexeneración por semente.


Comportamento e problemática
 

Especie moi estendida, utilizada desde antigo como forraxeira. Ocupa principalmente medios antrópicos ou seminaturais, como pasteiros. En ocasións na costa aparece en solos areosos de marxes de dunas con certa humidade ou pasteiros costeiros de marxe de marisma. En Australia está considerada unha especie invasora.


Introdución
Descoñécese se é accidental ou intencionada para usar como forraxe. En Galicia coñécese desde 1909 por Merino. Existe un prego de herbario de P. vaginatum de 1851 recollido polo científico galego López Seoane.


Hábitats en que aparece
Todo tipo de hábitats, principalmente comunidades herbáceas algo alteradas e nitrófilas, tamén en comunidades costeiras de duna ou marisma.


Distribución en Galicia
Toda Galicia, pero principalmente na zona térmica costeira.


Outras especies

Paspalum paspalodesMichaux) Scribner. Laguna de Louro, Muros (A Coruña). (

Paspalum paspalodes (Michaux) Scribner é unha especie das zonas húmidas costeiras ou de interior, colas de pantano e zonas de marisma. Diferénciase por ter as espigas dixitadas. Paspalum vaginatum Swartz forma tapices monoespecífi cos en areais costeiros alterados. Tamén ten as espigas dixitadas, pero as súas vaíñas son glabras, ao contrario que en P. paspalodes. Ambas son especies con crecemento vexetativo intenso. dúas proveñen tamén de América do Sur e son perigosas, xa que colonizan medios naturais e modifican as condicións ao crearen tapices continuos que evitan a xerminación de especies nativas.


Mecanismos de control


Control mecánico
O control mecánico desta especie é unha opción axeitada, pois a taxa de rexeneración vexetativa é moi baixa. Non obstante, pode presentar rizomas ou estolóns que deben ser retirados e que complican estas tarefas. Como non se reproduce vexetativamente, pode ser segada ou rozada sen maior inconveniente; os anacos secaranse sobre o terreo.


Control químico
Existen numerosas posibilidades de controlar quimicamente a Paspalum. A FAO recomenda aplicacións de paraquat para o control de individuos xuvenís (570 ml dun produto con 200 g de ingrediente activo por litro en 200 litros de auga e mais 250 ml/200 litros de auga dun surfactante, que se aplicará ata empapala) e tres aplicacións de glifosato para acabar con individuos adultos (2 litros dun produto con 360 g i.a./litro de produto en 200 litros de auga). Por outra parte o Departamento de Medio Ambiente Australiano recomenda a utilización de produtos que conteñan fluazipod, xa que son moi selectivos. En España existe un único produto rexistrado con ese principio activo, Fusilade Max®, aínda que só está rexistrado para usos en ámbitos agrícolas e industriais. Tendo en conta que estes herbicidas van ter efectos sobre plantas nativas desexables, é importante realizar os tratamentos por aplicación puntual ou untando a zona basal ou do rizoma.


Control biolóxico
Ata o momento non se comercializou ningún axente contra esta praga. Recompilouse unha lista de inimigos naturais como posibles candidatos, pero non se levou a cabo ningunha investigación posterior.


Bibliografía
Bellot & Casaseca, 1959: 240; Gómez Vigide, 1985: 378; Guitián & Guitián, 1986: 166; Ortiz 1988: 14; Gómez Vigide et al., 1989: 115; Soñora 1991: 107, 108; Waterhouse, 1994; Romero et al., 2004: 63.
 

Nome común
Pasto mel
Nome científico
Paspalum dilatatum
Clase
Plantas superiores
Familia
Poaceae

Documento/s relacionados
Subir