CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Xestión conxunta do parque natural Baixa Limia-Serra do Xurés - Parque nacional da Peneda-Gerés. “NATURA_XURÉS_GERÊS”

Fondos FederFondos FederFondos Feder

 

O  Proxecto NATURA-XURÉS-GERÊS: Xestión conxunta do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés - Parque nacional da Peneda-Gerês

O proxecto Natura-Xurés-Gerês, é un proxecto de cooperación transfronteiriza cofinanciado con fondos FEDER a través do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal 2007-2013, trata de protexer preservar e integrar os recursos naturais da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal,  promovendo nos espazos naturais protexidos fronteirizos Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés e Parque Nacional da Peneda-Gerês o desenvolvemento sustentable e a conservación da biodiversidade, valorizando os recursos ambientais comúns.

O orzamento total aprobado inicialmente ascende a 2.053.302,5 €.

Ámbito xeográfico de actuación:

A área xeográfica de actuación do proxecto NATURA-XURÉS-GERÊS constitúe unha zona de transición entre as rexións  bioxeográficas Eurosiberiana e Mediterránea, o que propicia a achega dunha elevada biodiversidade con innegable valor para a conservación e atópase clasificada como Rede Natura 2000 (ZEPVN/LIC Baixa Limia e PTCON001 Peneda-Gerês), comprendendo igualmente zonas de especial protección para as aves (ZEPA Baixa Limia-Serra do Xurés e PTZPE002 Serra do Gerês).

Os dous espazos protexidos que integran este área xeográfica están clasificados polas súas respectivas autoridades nacionais como  parque natural (Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurês) e parque nacional (Parque Nacional da Peneda Gerês).

Así mesmo, ambos espazos conforman a Reserva da Biosfera Transfronteiriza  Gerês/Xurés, aprobada o 26 de maio de 2008 polo Consello Internacional de Coordinación do Programa da Unesco sobre o home e a biosfera.

Esta rexión montañosa conta cunha orografía complexa, condicións de alta precipitación e unha gran diversidade de hábitats, algúns dos cales de importancia fundamental a nivel europeo.  No territorio localízanse importantes manchas de carballo (Querqus robur) e/ou cerquiño (Querqus pyrenaica), bosques secundarios de abeleira (Corylus avellana), comunidades permanentes de turba, uceiras de Erika cirialis e Erika tetralis, entre outros. No  que respecta á flora, son incontables as especies presentes, como o fento do botón (Woodwardia rádicans) e o narciso (Narcissus pseudonarcissus, subsp nóbilis). En relación á fauna, destacan algunhas especies como o lobo (Canis lupus), que teñen neste espazo protexido un dos seus maiores núcleos poboacionais; a toupa de río (Galemys pyrenaicus); o morcego das fragas (Barbastella barbastellus), a reñosa (Rutilus arcasii); a píntega rabilonga (Chioglossa lusitánica); o lagarto das silvas (Lacerta schreiberi) e o lepidóptero Callimorpha quadripunctaria, entre outras.


Período de execución do proxecto:

O proxecto foi aprobado inicialmente cun prazo de execución de 24 meses, desde o 1 de xaneiro de 2009 ata o 31 de decembro de 2010. Este prazo de execución foi posteriormente prorrogado quedando como data de finalización do proxecto o 30 de abril de 2012.

Obxectivos do proxectos

O obxectivo xeral do proxecto é protexer, preservar e integrar os recursos naturais da Eurorrexión, promovendo nas áreas protexidas fronteirizas de Galicia e  Norte de Portugal o desenvolvemento sustentable e a conservación da o biodiversidade e dos hábitats de interese comunitario da Rede Natura 2000.

Os obxectivos específicos son:

- Incrementar o coñecemento da zona de actuación, a través da análise do ámbito territorial e a súa evolución no tempo, da lexislación vixente nas dúas rexións, así como dos instrumentos de planificación aplicables, favorecendo o intercambio de experiencias e de boas prácticas.

- Manter un estado de conservación favorable dos hábitats e das especies de flora e fauna que se atopan nas áreas fronteirizas obxecto de protección, a través da elaboración de plans de xestión conxunta para a defensa e protección dos valores naturais, de plans de recuperación de especies ameazadas e de accións para a restauración de hábitats naturais degradados.

- Garantir a conectividade ecolóxica e o tránsito da biodiversidade na eurorrexión a través da creación de corredores ecolóxicos e da mellora da accesibilidade ao territorio con sistemas de información xeográfica conxuntos, sinalizacións, puntos de información, etc.

- Promover e harmonizar o uso público nas áreas protexidas transfronteirizas.

- Favorecer o desenvolvemento socioeconómico da eurorrexión, a través do impulso e a posta en valor  de produtos turísticos comúns baseados nos recursos ambientais endóxenos da zona de actuación.


Ámbitos de actuación

Para alcanzar os seus obxectivos o proxecto desenvolve as seguintes actividades:

- Actividade 1 Coñecemento do medio.

- Actividade 2 Xestión, planificación e ordenación territorial conxunta.

- Actividade 3  Aproveitamento e valorización dos recursos endóxenos.

- Actividade 4 Plan de comunicación.


Partenariado do proxecto

  • Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia, que  actúa como xefe de fila.
  • Instituto da Conservação da Natureza e das florestas, I.P.
  • Asociação de Desenvolvimento das Regiões do Parque Nacional da Peneda-Gerês (Adere-Peneda Gerês).


Resultados do proxecto:

Os resultados do proxecto pódense consultar accedendo ao apartado de ligazóns, estruturándose o seu contido de acordo co seguinte índice.

 

Enlaces de interés:

- Instituto da Conservação da Natureza e das florestas.

- ADERE-Peneda Gerês.