CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Programa de Cooperación transfronteiriza España- Portugal "POCTEP GERES-XURES DINÁMICO"

Fondos Feder     Fondos Feder

 

A Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés é o único espazo natural protexido de carácter transnacional na eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

Esta condición fai especialmente relevante a cooperación transfronteiriza dentro desta eurorrexión, por canto convérteo en instrumento para dar resposta a algúns dos retos e oportunidades identificados no diagnóstico territorial desta área de cooperación.

GERÊS_ XURÉS_ DINAMÍCO foi deseñado para contribuír á mellora do estado de conservación do hábitat da Reserva da Biosfera Transfronteiriza, tanto de maneira directa, grazas á mellora das súas condicións ambientais, como indirecta, dándoo a coñecer e integrándoo na vida cotiá da poboación local, harmonizando criterios de conservación e desenvolvemento socioeconómico.

 

Os principais beneficiarios (e público obxectivo) de GERÊS_XURÉS_ DINAMÍCO son:

  • Os HABITANTES da Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês- Xurés, cun dobre obxectivo: por unha banda, a sensibilización da poboación sobre os valores naturais e culturais asociados á reserva, así como a recuperación das tradicións e patrimonio etnográfico e inmaterial a eles asociado; e, por outro, a súa capacitación para impulsar actividades económicas sustentables en base ao aproveitamento dos recursos endóxenos do territorio.

  • Os VISITANTES da Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês- Xurés, co obxectivo de posicionala a nivel nacional e internacional como destino de turismo de natureza, sustentable e de calidade, contribuíndo á súa vez ao desenvolvemento socioeconómico deste territorio.

  • Os ESCOLARES de diferentes idades de toda a eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, co obxectivo de darlles a coñecer a Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês- Xurés e implicalos igualmente na súa conservación, posta en valor e difusión.

  • Os XESTORES da Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês- Xurés, proporcionándolles instrumentos para apoialos nas labores de conservación da biodiversidade deste territorio protexido, evitando así os riscos sinalados no diagnóstico da área de cooperación.

 

 

Obxectivos:

O principal obxectivo de GERÊS_ XURÉS_DINÁMICO é fortalecer a entidade e identidade propia da Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês- Xurés mediante o fomento da participación activa dos actores do territorio, a promoción do seu desenvolvemento económico e turístico sustentable e a protección e conservación do seu patrimonio natural e cultural.

 

Ten como obxectivos específicos:

  • Promover o desenvolvemento sustentable da Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês- Xurés a través dun modelo integrado de valorización dos recursos endóxenos naturais, culturais e sociais, así como compatibilizar as actividades humanas coa conservación dos devanditos recursos.

  • Promover o turismo sustentable a través de actuacións asentadas nos recursos culturais e naturais da Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês- Xurés, coa participación da poboación local.

  • Promover a conservación e restauración da biodiversidade, a través do coñecemento e xestión conxunta dos recursos naturais.

 

 

Orzamento:

O proxecto conta cun custo total de 1.971.901,56 €. Este proxecto conta coa axuda financeira do Programa POCTEP (Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España – Portugal) a través do Fondo FEDER (Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional) da Unión Europea.

 

 

 

Calendario:

O proxecto desenvolverase ata o mes de decembro de 2019. O calendario segundo actividades é o seguinte:

  • Actividade 1 A Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês- Xurés para os seus habitantes: 2 Trimestre 2017 a 4 Trimestre de 2019.

  • Actividade 2: A Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês- Xurés para os seus visitantes: 2 Trimestre 2017 a 4 Trimestre de 2019.

  • Actividade 3: A Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês- Xurés para os escolares: 2 Trimestre 2017 a 4 Trimestre de 2019.

  • Actividade 4: A Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês- Xurés para os seus xestores: 2 Trimestre 2017 a 4 Trimestre de 2019.

  • Actividade 5: Xestión e Coordinación: 2 Trimestre 2017 a 4 Trimestre de 2019.

  • Actividade 6: Comunicación: 2 Trimestre 2017 a 4 Trimestre de 2019.

 

 

Socios:

Os socios do proxecto son 13, de Galicia e Portugal:

  • Dirección Xeral de Patrimonio Natural. Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio. Xunta de Galicia (ES). Beneficiario Principal

  • Diputación de Ourense (ES)

  • Turismo de Galicia (ES)

  • ADERE PENEDA-GERÊS (Associacição de Desenvolvimento das Regiões do Parque Nacional da Peneda-Geres) (PT)

  • Câmara Municipal de Melgaço (PT)

  • Município de Ponte da Barca (PT)

  • Câmara Municipal de Terras de Bouro (PT)

  • Município de Montalegre (PT)

  • Município de Arcos de Valdevez (PT)

  • Associação Regional de Desenvolvimento do Alto Lima (PT)

  • Instituto da Conservação da Natureza e das Florestas, I.P. (PT)

  • Turismo do Porto e Norte de Portugal (PT)

  • Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte (PT)

 

 

Resultados:

Os resultados, concentrados na área da Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês- Xurés, beneficiarán aos destinatarios das accións propostas -visitantes, xestores e, en particular, habitantes. Neste contexto, GERÊS_ XURÉS_ DINAMÍCO, pretende:

  • A mellora da calidade de vida da poboación local.

  • incremento da capacidade de atracción turística, económica e demográfica do territorio.

  • A mellora da calidade dos servizos e produtos comercializados.

  • Incremento da sensibilización e mellora do coñecemento sobre a RBTGX entre a poboación local e a nivel rexional, nacional e internacional.

  • A mellora do estado de conservación e protección do patrimonio natural e cultural.

  • A mellora das condicións de accesibilidade, sinalización e ambientais.

  • A harmonización dos instrumentos de planificación e xestión existentes.