CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Presentación

Rede Natura 2000

Natura 2000 é a rede de espazos naturais protexidos a escala da Unión Europea creada en virtude da Directiva 92/43/CEE do Consello, de 21 de maio de 1992, relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres (Directiva hábitats), con obxecto de salvagardar os espazos naturais mais importantes de Europa. Componse de zonas especiais de conservación (ZEC) declaradas polos Estados membros con arreglo á Directiva sobre hábitats e, ademais, das zonas especiais de protección para as aves (ZEPA) que se designan de acordo coa Directiva aves (Directiva 79/409/CEE do Consello, de 2 de abril de 1979, relativa á conservación das aves silvestres).

 

Proposta de ampliación da rede Natura 2000 de Galicia (Decembro 2011)


A actual lista de lugares de importancia comunitaria (LIC) en Galicia foi considerada como insuficiente por parte da Comisión Europea, polo que é preciso completar a aplicación en Galicia da Directiva 92/43/CEE, de 21 de maio de 1992, relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres, coa aprobación dunha nova proposta de LIC. A Comisión Europea, nas súas Decisións 2004/813/CEE (DOUE nº L 387, 29/12/2004) e 2006/613/CE (DOUE nº L 259, 21/09/2006), estableceu para cada unha das rexións bioxeográficas e para cada estado membro, as necesidades de mellora na contribución á rede Natura 2000 que se debían contemplar nas futuras ampliacións, corrixindo as insuficiencias detectadas ou mellorando a información.

Mediante o  ANUNCIO do 21 de decembro de 2011, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, polo que se acorda someter á participación do público a proposta de ampliación da rede Natura 2000 de Galicia; abriuse un período de participación do público á proposta de ampliación da rede Natura 2000 de Galicia polo prazo dun mes, contado desde a publicación desta resolución, coa finalidade de que todos aqueles interesados que se consideren directamente afectados poidan remitir observacións e opinións mediante escrito, dirixido á Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería do Medio Rural, San Lázaro s/n, 15781 San­tiago de Compostela, ou ao enderezo de correo electrónico ampliacionnatura2000.cmr.santiago@xunta.es

Posteriormente o dito prazo amplíase mediante ANUNCIO do 2 de febreiro de 2012, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, polo que se acorda ampliar o prazo de participación do público na proposta de ampliación da rede Natura 2000 de Galicia.

O dito prazo remata o 16 de marzo de 2012.

O documento que se somete á participación do público é o que aparece a continuación en formato pdf:

Anexo-I. Cartografía dos LIC ampliados (19 Mb)

Anexo-II. Cartografía dos novos LIC (14 Mb)

 

 

Declaración de zonas especiais de conservación (ZEC) e aprobación do Plan Director da Rede Natura 2000 de Galicia. (Marzo 2014)

 

O Plan Director da Rede Natura 2000 de Galicia é o instrumento básico para a planificación, ordenación e xestión en rede das zonas de especial conservación (ZEC) e das Zonas de Especial Protección para as Aves (ZEPA). A aprobación deste instrumento permite a transformación dos 59 lugares de importancia comunitaria (LIC) en zonas de especial conservación (ZEC), dando asi cumprimento ás esixencias establecidas na normativa estatal e europea, Directiva 92/43/CEE do Consello, do 21 de maio de 1992,relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres (comunmente chamada Directiva Hábitat) e Lei 42/2007, do patrimonio natural e da biodiversidade.


O Plan Director é un plan de ordenación dos recursos naturais de todos os espazos incluídos na Rede Natura 2000 de Galicia. O Plan define un programa de medidas encamiñado a harmonizar a conservación dos hábitats e especies cos usos e aproveitamentos necesarios para garantir o desenvolvemento dos habitantes do territorio incluído na Rede Natura 2000.


O obxectivo principal do Plan é manter ou, se é o caso, restablecer un estado de conservación favorable dos hábitats naturais e das especies de flora e fauna de interese para a conservación, tendo en conta as exixencias económicas, sociais e culturais, así como as particularidades rexionais e locais. Trátase tamén de desenvolver directrices e medidas coherentes cos seus obxectivos de conservación, así como facer compatible a protección e conservación do desenvolvemento socioeconómico dos municipios incluídos no seu ámbito de aplicación

O Plan Director da Rede Natura 2000 de Galicia está constituído polos seguintes documentos: Documento de síntese (pendente de actualizar nos seus apartados 9 e 10 para adaptalos aos contidos normativos do DECRETO 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia); anexo I patrimonio natural e biodiversidade; anexo II marco normativo e programas; anexo III medio socioeconómico; anexo IV espazos da área litoral; anexo V humedais e corredores fluviais; anexo VI espacios de montaña e anexo VII xeorreferenciación.

 

Criterios sobre os usos permitidos nos terreos dedicados á actividade agropecuaria (agrícola, gandeira e forestal) en zonas de Rede Natura 2000.
 
No medio rural de Galicia as actividades relacionadas co sector primario (actividade agrícola, gandeira e forestal) teñen un marcado carácter tradicional, baseado na utilización racional dos recursos dun xeito compatible coa conservación dos espazos naturais.
 
O Decreto 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia, considera os usos permitidos como calquera actividade compatible cos obxectivos da declaración das ZEC e ZEPA  e que pode, polo tanto, desenvolverse sen limitacións especiais, ben na súa totalidade ou ben nas áreas onde a categoría de zonificación así o permita.
Considéranse usos ou actividades permitidas aquelas de carácter tradicional que son compatibles coa protección do espazo natural porque non causan afección apreciable, e todos aqueles non incluídos nos grupos de actividades prohibidas ou suxeitas a autorización nin recollidos na normativa específica contida no antedito Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia.
Os usos permitidos non requiren de autorización do órgano autonómico competente en materia de conservación da natureza, sen prexuízo do resto de autorizacións sectoriais.
 

A Instrución conxunta da Dirección Xeral de Conservación da Natureza e da Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal, pola que se ditan os criterios comúns sobre os usos permitidos nos terreos dedicados á actividade agropecuaria en zonas da Rede Natura 2000, pode consultarse no apartado de ligazóns relacionadas.
 

Documento/s relacionados
  • Instrución conxunta da Dirección Xeral de Conservación da Natureza e da Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal, pola que se ditan os criterios comúns sobre os usos permitidos nos terreos dedicados á actividade agropecuaria (agrícola, gandeira e forestal) en zonas de Rede Natura 2000. Descargar
  • DECRETO 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000 Descargar
  • Delimitación (Mapa 1) Descargar
  • Unidades Ambientais (Mapa 2) Descargar
  • Valoración (Mapa 3) Descargar
  • Zonificación (Mapa 4) Descargar
  • Patrimonio natural e biodiversidade (Anexo I) Descargar
  • Marco normativo e programas (Anexo II) Descargar
  • Medio socioeconómico (Anexo III) Descargar
  • Espazos da Área Litoral (Anexo IV) Descargar
  • Humidais e Corredores Fluviais (Anexo V) Descargar
  • Espazos das áreas de Montaña (Anexo VI) Descargar
  • Xeorreferenciación (Anexo VII) Descargar
  • Documento sintese Descargar
Ligazon/s relacionadas