CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

POCTEP FRONTEIRA_ESQUECIDA

Logo Fronteira

Proxecto: 0538_FRONTEIRA_ESQUECIDA_1_E

O proxecto ten como finalidade desenvolver unha Estrutura de Xestión Conxunta dos Recursos e Itinerarios con potencial turístico do Rio Limia-Lima co fin de identificar, valorizar e promocionar de maneira coordinada o patrimonio natural, cultural e paisaxístico dos espazos circundantes ao río, para o que se realizarán unha serie de actuacións para relanzar o espazo do Río Limia-Lima como un destino turístico de calidade e sustentable.

Mediante o desenvolvemento das accións de identificación, habilitación e posta en valor do patrimonio natural e cultural do espazo en torno ao Río Limia-Lima obterase unha revitalización e revalorización da zona que a fará máis atractiva tanto para os propios residentes como para os visitantes.

A creación dunha rede conxunta de xestión e promoción da zona a través da cooperación transfronteiriza permitirá axuntar esforzos e xerar unha serie de sinerxías que relanzarán o espazo en torno ao Río Limia-Lima como un destino turístico de calidade e sustentable, todo iso mediante un enfoque innovador onde as novas tecnoloxías xogarán un papel esencial.

 

 

Obxectivos:

O obxectivo xeral do proxecto é potenciar os recursos naturais e culturais do Río Limia-Lima e a súa contorna e en base a iso crear e desenvolver unha estrutura de xestión e promoción conxunta que realce o aproveitamento turístico da zona.

Preténdese desenvolver de maneira conxunta unha serie de actuacións (de carácter tanto físico como a través das novas tecnoloxías) que relancen o espazo do Río Limia-Lima como un Xeo-destino de calidade e sustentable, todo iso a través da cooperación directa cos distintos actores relevantes nos ámbitos turísticos, naturais e culturais (Administracións Públicas, Entidades Locais, Axencias e Fundacións de Desenvolvemento, Empresas do Sector Turístico ou que ofrezan servizos ás empresas do sector, parques naturais; asociacións relativas á defensa e promoción do patrimonio cultural e natural, etc.).

Para iso levarán a cabo unha serie de actividades consistentes en:

  • A identificación dos distintos aspectos que conforman o patrimonio material e inmaterial ao redor do Río Limia - Lima, co fin de elaborar un relato histórico / natural conxunto e sentar as bases para a realización das actividades de xestión e promoción conxunta do Xeo-destino Río Limia-Lima.

  • Posta en valor do espazo natural a través do desenvolvemento de actuacións conxuntas no territorio en termos de habilitación, promoción e sinalización, deseño de roteiros e actividades.

  • A articulación dunha Estrutura de Xestión Transfronteiriza para a xestión coordinada de recursos, servizos e itinerarios turísticos de riqueza patrimonial, cultural e paisaxística e para a comercialización e promoción conxunta do destino transfronteirizo ao redor do Río Limia-Lima e que aponte a súa sustentabilidade futura.

  • A promoción do Xeo-destino Limia-Lima a través das novas tecnoloxías (información dos espazos de valor, promoción do Xeo-destino en redes, etc.) que permitan unha interacción constante co visitante.

 

 

Orzamento:

O proxecto conta cun presuposto total de 1.609.632,16 €. Este proxecto conta coa axuda financeira do Programa POCTEP (Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España – Portugal) a través do Fondo FEDER (Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional) da Unión Europea.

 

 

Calendario:

O proxecto desenvolverase ata o mes de abril de 2022. O calendario segundo actividades é o seguinte:

  • Actividade 1: Catalogación e recuperación do Patrimonio Natural e Cultural do Río Limia: 3º Trimestre 2019 a 2º Trimestre de 2022.

  • Actividade 2: Actuacións de valorización do Espazo Natural e Cultural do Río Lima: 2º Trimestre de 2019 a 2º Trimestre de 2022.

  • Actividade 3: Xestión conxunta e promoción de recursos e itinerarios: 3º Trimestre de 2019 a 2º Trimestre de 2022.

  • Actividade 4: Promoción e interacción a través das novas tecnoloxías: 3º Trimestre de 2019 a 2º Trimestre de 2022.

  • Actividade 5: Xestión e Coordinación: 3º Trimestre de 2019 a 2º Trimestre de 2022.

  • Actividade 6: Comunicación: 3º Trimestre de 2019 a 2º Trimestre de 2022

 

 

Socios:

  • Diputación Provincial de Ourense (Beneficiario Principal)

  • Dirección Xeral de Patrimonio Natural

  • Confederación Hidrográfica Miño – Sil

  • Comunidade Intermunicipal do Alto Minho (CIM Alto Minho)

  • Municipio de Ponte de Lima

  • Municipio de Viana do Castelo

  • Municipio de Ponte da Barca

  • Municipio de Arcos de Valdevez

 

 

Resultados:

Os resultados que se pretenden alcanzar mediante o desenvolvemento do proxecto van encamiñados á valorización dos elementos singulares naturais e culturais da zona en torno ao Río Limia-Lima para a súa xestión e promoción turística conxunta e, por tanto, a dinamización económica da zona, alcanzando unha considerable mellora dos espazos de valor da contorna que se combinará co incremento da oferta natural e de actividades vinculadas aos devanditos recursos.

Algúns datos sobre os resultados que se pretenden alcanzar son os seguintes:

  • 1 catálogo / Repositorio documental da historia cultural e patrimonial.

  • 4 espazos naturais intervidos/ valorizados.

  • 1 roteiro de fomento da mobilidade peonil pola contorna do Río Limia-Lima.

  • 1 roteiro BTT transfronteiriza ao redor do Río Limia-Lima.

  • 12 espazos de valor incorporados aos roteiros.

  • 1 Rede de Itinerarios Fotográficos transfronteiriza.

  • Un mínimo de 3 paquetes / produtos turísticos na liña de Patrimonio, Deporte-Aventura e Gastronomía.

  • 1 Espazo Web App.

  • Outras accións de promoción do Xeo-destino (6 eventos conxuntos de posta en valor do patrimonio cultural e gastronómico, proba BTT, 2 eventos de promoción conxunta do Rio Limia-Lima a través da fotografía, asistencia a feiras, blogue trips, fam trips).

Xunto a iso, e como principal resultado do proxecto, dotarase dunha estrutura formal (Rede Turística Xeo-destino Limia-Lima) aos actores participantes no proxecto cun plan de acción común que sentará as bases para a comercialización e promoción conxunta do Geo-destino e que vertebre e homoxeneice a estratexia promocional do mesmo e reforza a súa sustentabilidade futura, onde as novas tecnoloxías xogarán un papel moi relevante.