CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Ancares

Código ZEPA

ES0000374

Data de declaración

2 de abril de 2004 .

Instrumentos de planificación

Plan director da Rede Natura 2000. Decreto 37/2014

Superficie

12.656 ha.

Concellos

Navia de Suarna e Cervantes.

Situación

Na comarca de Ancares. Ao longo do bordo centro-oriental da provincia de Lugo, nos seus límites con León e Asturias. As localidades de referencia, polo lado galego, son Pedrafita do Cebreiro, Becerreá e A Pobra (Navia de Suarna).

Outras figuras de protección

Reserva Nacional de Caza dos Ancares de Lugo (8.286 ha).

A área correspóndese parcialmente coa IBA 009 “Serra dos Ancares”, incluída no inventario de SEO/BirdLife (2012).

Avifauna

Para un bo número de especies eurosiberianas vinculadas aos bosques montanos, a serra dos Ancares constitúe o límite sudoccidental da súa área de distribución durante a época de cría, o que lle confire unha elevada orixinalidade, malia que os seus efectivos son en xeral moi escasos. Entre elas, dúas encóntranse probablemente extintas na actualidade, a emblemática e endémica pita do monte cantábrica (Tetrao urogallus subsp. Cantabricus) (sen datos de cría desde 1995) e o peto mediano (Dendrocopos medius). A becada (Scolopax rusticola), o peto negro (Dryocopus martius), a estreliña do norte (Regulus regulus), e o ferreiriño palustre (Parus palustris), son outras especies deste grupo de aves forestais de ámbito moi restrinxido en Galicia. Interesante poboación de aves rapaces, con presenza de aguia real (Aquila chrysaetos), actualmente non nidificante, e miñato abelleiro (Pernis apivorus), aguia cobreira (Circaetus gallicus), gatafornela (Circus cyaneus ), tartaraña cincenta (Circus pygargus), aguia calzada (Hieraaetus pennatus), falcón peregrino (Falco peregrinus), e bufo real (Bubo bubo), entre as nidificantes probables ou seguras. Ademais, entre a avifauna propia de matogueiras, pasteiros e rochedos montanos atópanse a moi ameazada charrela (Perdix perdix), a pica alpina (Anthus spinoletta), a azulenta alpina (Prunella collaris), o merlo rubio (Monticola saxatilis), e a choia (Pyrrhocorax pyrrhocorax).

Documento/s relacionados
  • Información ambiental, valoración e zonificación do espazo natural. Anexo VI Espazos das Áreas de Montaña Descargar
Subir