CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Obxectivo

O proxecto BioGov (Celebrando a goberanza da biodiversidade) xurde como consecuencia da avaliación realizada sobre como se están acadando os obxectivos da Estratexia de Biodiversidade da Unión Europea para 2020.

Esta avaliación está a indicar que se necesita dun maior esforzo e eficacia na aplicación dos fondos FEDER para deter a perda da biodiversidade e dos valores paisaxísticos, e fai un especial fincapé na necesidade de integrar estes valores nas políticas sectoriais.

A paisaxe e a biodiversidade proporcionan importantes beneficios ambientais, sociais e económicos que son a base da economía sustentable, intelixente e inclusiva que a Unión Europea pretende levar a cabo.

O obxectivo que o Instituto de Estudos do Territorio está levando a cabo no proxecto BioGov é o de desenvolver e implementar un plan de acción da paisaxe, que axude a mellorar a eficiencia dos fondos FEDER en Galicia destinados a evitar a perda da biodiversidade e os valores paisaxísticos.

Co fin de contextualizar a problemática en cada rexión, o proxecto BioGov propón definir en cada rexión unha liña de partida, unha BASELINE, na que se describa o estado e as causas que están provocando a situación actual no referente a perda da biodiversidade e dos valores paisaxísticos.

En Galicia a perda dos servizos ecosistémicos que a biodiversidade e paisaxe proporcionan, maniféstanse de forma moi notoria nos incendios forestais que de forma recorrente acontecen cada ano.

Entre as causas que provocan os incendios está o abandono das actividades agrarias, a matorralización e o cambio climático, rexistrándose nos últimos anos situacións climáticas extremas de vento, sequidade e masa vexetal combustible que están facendo cada vez mais complexas a tarefas de extinción.

Unha vez finalizada a fase 1 do proxecto en maio de 2020, de definición do plan de acción da paisaxe, empezarase a fase 2, de implementación, que durará dous anos e que irá acompañada dun seguimento a través de indicadores que avaliarán a efectividade do plan e a cantidade de fondos os que afectará.

O resultado deste análise se recollera nun documento final, ou ENDLINE, que fará unha avaliación da mellora na eficiencia dos fondos FEDER destinados a mellora da biodiversidade e o grao de integración destes nas políticas sectoriais, consecuencia do plan de acción definido e implementado.

O reto do proxecto BioGov é conciliar, nun plan de acción da paisaxe, obxectivos relacionados co desenvolvemento rural, a conservación da biodiversidade e os valores paisaxísticos a través da implantación dunha infraestrutura verde en Galicia, a nivel rexional e local.

A paisaxe e a biodiversidade nos están proporcionan beneficios ambientais, sociais e económicos. Perder estes servizos ecosistémicos que a natureza proporciona gratuitamente, e que son a base dunha economía sustentable, intelixente e inclusiva que a Unión Europea pretende levar a cabo, significaría un grave deterioro do equilibrio natural e da vida dos seres humanos.

Documento/s relacionados
Ligazon/s relacionadas