CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Grupos de Traballo

O Pleno poderá crear grupos de traballo por áreas, que poderán ser permanentes ou específicos e estarán formados polos/as membros que aquel designe para o efecto, e poderán ser asistidas polos expertos/as ou asesores/as que procedan en función do tema que se trate.

Estarán compostos por un/unha coordinador/a nomeado/a polo/a presidente/a da Comisión de Coordinación de Sistemas de Información Xeográfica e Cartografía entre o persoal do Instituto de Estudos do Territorio e os/as membros necesarios/as para o seu funcionamento en función da materia que se vaia tratar.

Correspóndelles aos grupos de traballo a análise sectorial, a recollida de información, a elaboración de propostas e demais que sinale o Pleno.

Os grupos de traballo reuniranse coa periodicidade que sexa necesaria ou por petición do/a seu/súa coordinador/a.

 

Grupos

GT1 Asentamentos e direccións

GT2 Desenvolvemento e tramitación do regulamento e SIX corporativo

GT3 Administración Local

GT4 Sistema de Información Urbanística (SIUTOGA)

 

GT1 Asentamentos e direccións

Os obxectivos principais deste grupo son:

  • Metodoloxía para a elaboración da cartografía de base de asentamentos de poboación.
  • Elaborar cartografía base de Asentamentos de Poboación na que se reflicta a delimitación de cada unha das Entidades Singulares de poboación e se diferencie entre núcleo e diseminado.
  • Formar unha capa de Asentamentos de Poboación que sirva de referencia para todo tipo de traballos vinculados coa ordenación do territorio e a súa xestión.
  • Coñecer e divulgar as especificacións de INSPIRE en materia de direccións, para favorecer a súa implementación.
  • Elaborar un SISTEMA DE ENDEREZOS de acordo coas especificacións EURADIN: harmonización, interoperabilidade e estandarización para mellor acceso, reutilización e explotación dos contidos.

 

GT2 Desenvolvemento e tramitación do regulamento e SIX corporativo

Este grupo formarase para consensuar os contidos e abordar a súa correcta redacción do regulamento que ordenará a futura actividade cartográfica na Xunta de Galicia. Durante todos estes anos realizouse unha extensa e frutífera produción cartográfica e de xestión de información territorial, difundida e posta a disposición dos usuarios a través do Sistema de Información Territorial de Galicia, a vontade de manter e incrementar o máximo, así como coordinar as actuacións nesta materia nun entorno que ha experimentado cambios moi profundos, xustifica a necesidade de establecer un marco normativo que, o amparo da normativa europea e estatal , ordena a actividade cartográfica e o sistema de información territorial, tendo como obxectivos:

  • Planificar e coordinar a produción cartográfica da Administración Pública galega, así como o mantemento e actualización da cartografía que se xenere.
  • Asegurar o servizo público da actividade cartográfica da Administración Pública galega, garantindo a súa calidade e acceso.
  • Garantir o cumprimento da normativa estatal, Lei 14/2010, de 5 de xullo, sobre as infraestruturas e os servizos de información xeográfica en España.

Este grupo tamén abordará a implantación do Sistema de Información Xeográfica Corporativo (SITGA).

 

GT3 Administración Local

Este grupo abordará os problemas de actualización das bases cartográficas a escala local, a coordinación para evitar a redundancia de datos e garantir a divulgación controlada da información espacial e protexer a integridade dos mesmos. Os seus obxectivos serán:

  • Facer o seguimento e coordinación dos convenios entre a Xunta de Galicia e as deputacións e entidades locais en materia de produción e distribución da información xeográfica.
  • Acadar un compromiso entre os distintos entes corporativos locais e provinciais produtores de datos.
  • Harmonizar os datos procedentes da EIEL, dar soporte técnico e coordinar a rede de servidores de datos con referencia espacial para mellorar a eficiencia dos recursos.

 

GT4 Sistema de Información Urbanística (SIUTOGA)

Este sistema ten por finalidade o deseño e execución das convencións, organización dos equipos de traballo, modelos de datos e aplicacións informáticas para a captura, tratamento e publicación dos instrumentos de ordenación do territorio e de planificación urbanística de Galicia con aprobación definitiva e en vigor, con énfase na publicación do inventario de planeamento e a incorporación ao SIX corporativo e á IDEG da información territorial contida nestes documentos.