CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Comisión de Coordinación de Sistemas de Información Xeográfica e Cartográfica

Coa posta en marcha da comisión  poñeranse as bases do Plan Cartográfico de Galicia, e no establecemento e actualización da infraestrutura de Datos  Espaciais de Galicia (IDEG), dun xeito planificado e coordinado cos distintos departamentos da xunta de Galicia

 

Esta comisión ten un papel imprescindible, como instrumento para planificar dun xeito coordinado a produción, o uso e a difusión da información xeográfica necesaria para a xestión do territorio galego, coa finalidade de garantir a coherencia e interoperabilidade dos datos espaciais

 

 

 

Introdución

 

A Directiva INSPIRE (Infrastucture for Spatial Information in Europe) establece as regras xerais para o establecemento dunha Infraestrutura de Información Espacial na Comunidade Europea baseada nas Infraestruturas dos Estados membros. Aprobada polo Parlamento Europeo e o Consello o 14 de marzo de 2007 (Directiva 2007/2/CE), entra en vigor aos vinte días da súa publicación, o 25 de abril de 2007, no Diario Oficial da Unión Europea.

 

A Directiva 2007/2/CE foi desenvolvida en colaboración cos Estados membros e países en proceso de adhesión co propósito de facer dispoñible información xeográfica relevante, concertada e de calidade de forma que se permita a formulación, implementación, monitorización e avaliación das políticas de impacto ou de dimensión territorial da Unión Europea.

 

A transposición desta Directiva ao ordenamento xurídico español desenvólvese a través da Lei 14/2010, do 5 de xullo, sobre as infraestruturas e os servizos de información xeográfica en España (LISIGE) garantindo o seu cumprimento, incluído o establecemento da Infraestrutura de Información Xeográfica de España, que integra o conxunto de infraestruturas de información xeográfica e servizos interoperables de información xeográfica baixo responsabilidade das Administracións Públicas españolas.

 

Coa constitución da Comisión de Coordinación de Sistemas de Información Xeográfica e Cartografía, ponse en marcha a mesma e que se responsabilizará da coordinación técnica dos departamentos, organismos e entes da Administración Pública de Galicia nas súas actuacións en materia de sistema de información xeográfica, cartográfica e xeomática, coa súa adscrición ao Instituto de Estudos do Territorio dependente da Consellería Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

 

A comisión de Coordinación de Sistemas de Información Xeográfica e Cartografía ponse en marcha hoxe cos seguintes obxectivos concretos:

 

  • Garantir a homoxeneidade da información producida polos organismos públicos que forman parte.
  • Favorecer a eficiencia no gasto público destinado a cartografía e sistemas de información xeográfica.
  • Asegurar a dispoñibilidade pública e actualización dos datos xeográficos de referencia e optimizar a calidade da produción cartográfica oficial e a súa utilidade como servizo ao público.

 

Promóvese deste xeito unha mellor organización dos servizos públicos de información xeográfica e cartográfica

 

Cómpre sinalar que a constitución desta comisión é acorde coa política de austeridade da Xunta de Galicia, xa que os membros dela non recibirán remuneración económica, co criterio de xestionar e coordinar os recursos co menor custo posible para os cidadáns.

 

 

 

Funcións e responsabilidades

 

Serán funcións propias da Comisión de Coordinación de Sistemas de Información Xeo­gráfica e Cartografia as seguintes:

 

  • Formulación e execución do Plan Cartográfico de Galicia.
  • Coordinación das actividades cartográficas da Xunta de Galicia, así como das pe­ticións e solicitudes en materia cartográfica das distintas consellerías respecto a outras administracións.
  • Impulso e seguimento da Infraestrutura de Datos Espaciais de Galicia (IDEG).
  • Execución dos obxectivos e liñas de traballo que lles sexan asignadas no Plan Galego de Cartografía e Información Xeográfica.
  • Dar soporte técnico á Comisión de Delimitación de Termos Municipais e á Comisión de Toponimia.
  • Análise das necesidades e da evolución da demanda de cartografía e información xeográfica de Galicia.
  • Calquera outra función que poida ter relación coa natureza da Comisión de Coordina­ción de Sistemas de Información Xeográfica e Cartografía.

 


Membros

 

1. Presidente/a: a persoa titular da consellería competente en materia de ordenación do territorio.

 

2. Vicepresidente/a: o/a director/a do Instituto de Estudos do Territorio.

 

3. Vogais:

 

a) Un/unha representante por consellería designado/a polo/a conselleiro/a correspondente.

 

b) Un/unha representante do órgano central de estatística da Comunidade Autónoma.

 

c) Un/unha representante da consellería competente en materia de toponimia.

 

d) Un/unha representante de cada unha das catro deputacións provinciais.

 

e) Un/unha representante da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp).

 

f) Un/unha representante da entidade pública competente en materia de modernización e innovación tecnolóxica.

 

g) Un/unha do representante do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA).

 

4. Secretaria:  desempeñada por un/unha representante do Instituto de Estudos do Territorio

 

Grupos de taballo

Proposta de creación dos seguintes grupos de traballo:

GT1 Asentamentos e direccións

GT2 Desenvolvemento e tramitación do regulamento e SIX corporativo

GT3 Administración Local

GT4 Sistema de Información Urbanística (SIOTUGA)

Documento/s relacionados
  • DECRETO 172/2012, do 1 de agosto, polo que se regula a Comisión de Coordinación de Sistemas de Información Xeográfica e Cartografía Descargar  (500 KB)