CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Sistema de Infraestrutura Verde da área da Coruña

O obxectivo é desenvolver o Sistema de Infraestrutura Verde da área da Coruña, na medida en que esta área reúne as condicións idóneas por abarcar unha gran variedade de hábitats, espazos naturais protexidos e patrimonio cultural que conviven cunha elevada densidade de poboación e un notable desenvolvemento económico.

Este traballo levarase a cabo mediante un convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e a Fundación Juana de Vega, a Asociación de Desenvolvemento Rural “Mariñas Betanzos” e a Fundación Instituto Tecnológico de Galicia (ITG) cofinanciado nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020.

O deseño deste sistema a nivel de área metropolitana servirá como exemplo da forma de integrar e conectar a infraestrutura verde de diferentes tipos de ámbitos territoriais, urbanos e rurais, demostrando como as cidades poden acadar unha profunda afinidade coa natureza.

Dentro deste proxecto, pioneiro na comunidade, a área metropolitana de Coruña será obxecto dunha ordenación integral do territorio desde o punto de vista ambiental, na que se definirá unha rede de zonas naturais e seminaturais deseñada e xestionada para protexer a biodiversidade e proporcionar servizos ecosistémicos: subministro e purificación da auga e do aire, almacenamento de carbono, aforro de enerxía, adaptación ao cambio climático, amortiguación de ruído, ocio e turismo, educación ambiental.