CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Xornada sobre a Estratexia de Infraestrutura Verde de Galicia

A Xornada celebrarase na sala Eisenman da Cidade da Cultura en Santiago de Compostela o vindeiro 16 de marzo a partir das 10.00 horas da mañá.

Esta xornada é organizada polo Instituto de Estudos do Territorio co fin de presentar os primeiros resultados do convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Coruña para o deseño da Estratexia de Infraestrutura Verde de Galicia.

Dado que o aforamento é limitado, pregamos a confirmación de asistencia mediante correo electrónico a secretaria.iet@xunta.gal ou no teléfono 981.541755/541756.

Documento/s relacionados
  • Programa Xornada sobre a Estratexia de Infraestrutura Verde de Galicia Descargar
Contacto/s relacionados