CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Actividade 1 - Acción 1 - Visita Francia

Visita de estudo a casos de éxito – Francia

Martes, 11 de febreiro de 2020 - Bordeus (Francia)

A xornada de visita dividiuse en dúas sesións, a de mañá dedicada a visita de campo e a de tarde, dedicada á presentación do proxecto FOREDAVENIR e outros relacionados con el, e en en os que participa o Centre National da Propriété Forestière ( CNPF).

A visita a campo consistiu nunha visita a unha gran parcela situada na localidade próxima de Bazas, e incluída dentro do proxecto FOREDAVENIR. A sesión estivo guiada polo coordinador de FOREDAVENIR, Thierry Chereque e un técnico forestal. Aínda que o proxecto está principalmente enfocado a pequenas parcelas, sendo a superficie media por propietario dunhas 2 ha., visitouse unha parcela grande debido á variedade de traballos que se realizaban na mesma no momento da visita, que permitía ver nun só lugar varios tipos de actuacións.

Púidose analizar en campo as zonas que cumprían os requisitos para ser incluídas no proxecto, e cales non. De entre as incluídas no proxecto víronse distintas actuacións, sempre sobre un bosque mixto e sen selvicultura de carballo e castiñeiro mesturados con outras especies. A primeira actuación consistía no tallado da masa existente e a súa substitución por piñeiro marítimo. Unha segunda zona onde se aproveitaba a masa existente e substituíase por carballo americano. E unha terceira zona onde se realizaba un clareo con destino a biomasa do carballo e castiñeiro existente co obxectivo de producir madeira de calidade nos pés remanentes. O destino das curtas varía en función da madeira extraída: biomasa (leñas e pellets), construción (taboleiros) ou ben procesos industriais ( trituración para taboleiros).

Pola tarde recibimos a presentación do proxecto FOREDAVENIR e MOVAPRO (continuidade do anterior) por parte dos seus responsables no CNPF. Ademais presentáronllenos outros proxectos como ROSEWOOD (rede europea de rexións sobre mobilización sostible de madeira.