CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Presentación

A Xunta coordina o proxecto europeo de cooperación transfronteiriza forestal Forvalue.

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal) presentou esta mañá no pazo de Quián as características desta iniciativa que xestiona a axencia.

  • Esta iniciativa, na que tamén participa o Instituto de Estudos do Territorio, promove a adaptación ao cambio climático a través dunha cooperación transfronteiriza na prevención de incendios e na mellora dos recursos naturais 1 de 2 2 de 2.
  • O proxecto, que está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), responde ás problemáticas das áreas con elevada incidencia de lumes forestais.

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal) da Consellería do Medio Rural coordina o proxecto Forvalue: “Xestión innovadora para a valorización e resiliencia do espazo forestal”. Esta iniciativa foi aprobada na segunda convocatoria do Programa Interreg V – A España – Portugal (POCTEP) 2014 – 2020, celebrada o pasado día 2 de xullo de 2019. Así o destacou hoxe o director da Agacal, Manuel Rodríguez, durante a presentación desta iniciativa.

Así, Manuel Rodríguez sinalou que se trata dun proxecto europeo de cooperación transfronteiriza entre España e Portugal en materia de incendios forestais. Deste xeito, preténdese implementar unha serie de modelos de xestión nos que se combine a mellora do aproveitamento do espazo forestal e da biomasa coa xeración de emprego e o desenvolvemento económico da zona. Así, matizou o director, búscase aumentar a resiliencia do territorio fronte os lumes nun contexto de cambio social e climático.

Para levar a cabo este cambio, subliñou o director, é preciso promocionar modelos de xestión innovadores dos ecosistemas transfronteirizos de Portugal e Galicia, como poden ser as agrupacións de xestión forestal conxunta, e o emprego de ferramentas TIC de coordinación para unha correcta planificación e xestión do espazo forestal.

Esta iniciativa está cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) e abrangue un período inicial de 48 meses, por un importe de axuda europea de algo máis dun millón de euros.

Proxecto transfronteirizo

O consorcio do Proxecto Forvalue está integrado por entidades de recoñecido prestixio do territorio galego e do norte de Portugal. A Agacal é a encargada da xestión administrativa e técnica da iniciativa e nela tamén participan outros departamentos da Xunta, como a Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, da propia Consellería do Medio Rural e o Instituto de Estudos do Territorio (IET), da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. Tamén colaboran a Universidade de Santiago de Compostela (USC), a Asociación Forestal de Galicia (AFG), a Comunidade Intermunicipal do Alto Minho (CIM Alto Minho), a Associação Florestal de Portugal (Forestis) e o Instituto Politécnico de Viana do Castelo (IPVC).

Documento/s relacionados
  • La Voz de Galicia 23/10/2019 Descargar  (7159 Kb)