CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Obxetivos

A. OBXECTIVO PRINCIPAL

O obxectivo principal é mellorar a calidade da Infraestrutura Verde (IV) en Europa a través dunha visión multifuncional para ter en conta o maior número de servizos ecosistémicos posibles. Neste proxecto préstase especial atención á perda da biodiversidade, ao cambio climático e á súa mitigación.

Este obxectivo principal tradúcese na mellora de oito instrumentos políticos de oito rexións socias. No caso do IET, este instrumento é a Lei 7/2008, de 7 de xullo, de protección da paisaxe de Galicia. Os traballos céntranse na integración da Infraestrutura Verde nas Áreas de Especial Interese Paisaxístico (AEIP) mediante a revisión dos criterios de identificación e delimitación, dos obxectivos de calidade paisaxística e dos indicadores para o control e seguimento do seu estado e a súa evolución.

B. OBXECTIVOS ESPECÍFICOS

Para alcanzar o obxectivo principal traballarase cos seguintes obxectivos específicos:

  •  Incorporar a Infraestrutura Verde no ordenamento do territorio e como mellora estratéxica noutros instrumentos de política sectorial.
  • Identificar e propor a diversidade xenética de árbores e bosques cos obxectivos de adaptalos ao cambio climático e de mitigar este.
  • Revitalizar os bosques e árbores cos obxectivos por unha parte de adaptalos ao cambio climático e de mitigalo e, pola outra, de conservar a biodiversidade.
  • Integrar a perspectiva urbana e rural ao abordar a implantación e planificación das Infraestruturas Verdes.
  • Traballar coas múltiples partes interesadas a través de enfoques participativos.

Para estes fins, o Programa Interreg Europe facilita a creación dunha contorna propicia para que as autoridades públicas e as organizacións rexionais interesadas compartan solucións a problemas de desenvolvemento rexional. Esta ferramenta de aprendizaxe entre socios e organizacións é o principal instrumento que ofrece o Programa aos proxectos que nel participan.