CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Socios do proxecto e Axentes territoriais

I. SOCIOS DO PROXECTO

O proxecto GIFT está liderado polo Instituto de Estudos do Territorio (IET) ao que acompañan nove socios europeos:

1. Instituto de Estudos do Territorio

Enderezo: San Lázaro s/n 15781, Santiago de Compostela

España

2. County administration Västra Götaland

Enderezo: Ekelundsgatan 1 403 40, Göteborg

Suecia

3. Flemish Land Agency

Enderezo: Koning Albert II-laan 15 1210, Bruxelas

Bélxica

4. Province of Fryslân

Enderezo: Tweebaksmarkt 52 8900 HM, Leeuwarden

Países Baixos

5. Aufbauwerk Region Leipzig GmbH

Enderezo: Otto-Schill-Strasse 1 04109, Leipzig

Alemaña

6. Provincia di Rimini

Enderezo: Via Dario Campana, 64 47922, Rimini

Italia

7. Slovenian Forestry Institute

Enderezo: Večna pot 2 1000, Ljubljana

Eslovenia

8. University of Latvia

Enderezo: Raiņa bulvāris 19 1050, Riga

Letonia

9. City of Zagreb

Enderezo: Trg Stjepana Radića 1 10000, Zagreb

Croacia

10. SC, Business support centre L.t.d., Kranj

Enderezo: Cesta Staneta Žagarja 37, Kranj

Eslovenia

Cóntase, ademais, coa participación de tres autoridades políticas asociadas:

1. Saxon State Ministry for Energy, Climate Protection, Environment and Agriculture – Alemaña

2. Emilia-Romagna Region – Italia

3. Ministry of Regional Development and EU Funds - Croacia

II. AXENTES TERRITORIAIS INTERESADOS (STAKEHOLDERS)

No proxecto están chamados a participar os diferentes axentes territoriais (stakeholders) implicados nas políticas rexionais de todas as rexións participantes.

Os stakeholders, actores presentes no territorio e principais coñecedores da súa dinámica, teñen capacidade para achegar o seu coñecemento para mellorar as políticas públicas e identificar boas prácticas á vez que melloran as súas competencias e divulgan o coñecemento adquirido.

Os stakeholders participarán nas visitas de estudo, seminarios, Peer Review (Revisión por pares), seminarios temáticos interrexionais ou eventos para a divulgación do GIFT e das boas prácticas compartidas, entre outros.

A función de cada Grupo Rexional de Stakeholders (RSG polas súas siglas en inglés) é contribuír aos obxectivos da rexión co seu coñecemento, así como a través da aplicación de boas prácticas que poidan facilitar a integración da Infraestrutura Verde na política rexional.

Cada RSG actúa como plataforma para coordinar as funcións e tarefas de cada parte interesada na aplicación dos cambios políticos baixo a coordinación do socio rexional. Para isto, o programa prevé a realización de reunións semestrais cos RSG.

Os principais stakeholders galegos neste proxecto son:

  • Axencia Galega da Industria Forestal
  • Axencia Galega de Desenvolvemento Rural
  • Centro de Investigación Forestal de Lourizán
  • Dirección Xeral de Patrimonio Natural
  • Fondo Galego de Garantía Agraria
  • Grupo Naturalista Hábitat
  • Montes Veciñais e en Man Común Celas de Peiro
  • Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
  • Reserva da Biosfera Ribeira Sacra e Serras do Oribio e Courel
  • Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón
  • Subdirección Xeral de Infraestruturas Agrarias
  • Universidade de Santiago de Compostela