CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

01 - Instituto Galego de Estatística (IGE)

O departamento implicado na sustentabilidade territorial, neste grupo técnico de traballo, é o Instituto Galego de Estatística (IGE). O grupo conta coa presenza da Secretaría Xeral de Avaliación Ambiental, como órgano ambiental  e membro permanente dos GTT co obxectivo de validar o sistema de indicadores en coherencia coas obrigas establecidas no proceso de avaliación ambiental. No que se refire ao Instituto de Estudos do Territorio (IET), este asume o papel de coordinación, de poñer as ferramentas e facer as propostas obxecto de estudo e validación no seo dos GTT, co fin de elevar o Informe correspondente á Comisión de Seguimento para a súa aprobación.

Cabe subliñar que este sistema de seguimento da sustentabilidade territorial lévase a cabo a través de tres ferramentas: os indicadores de desenvolvemento e implantación (IDI); os indicadores de sustentabilidade territorial (IST) e a enquisa de percepción territorial e urbanística (EPTU).

Neste grupo técnico de traballo, ademais dos indicadores de desenvolvemento e implantación (IDI), desenvolvéronse os seguintes indicadores de sustentabilidade territorial (IST), pertencentes ao bloque Sociedade e economía e subloques Espectro social e Poder adquisitivo:

  • Variación da poboación
  • Densidade de poboación
  • Renda bruta dispoñible
  • Evolución da poboación en áreas pouco poboadas
  • Crecemento vexetativo
  • PIB e VEB
  • Diversidade de actividades económicas

As sesións de traballo celebráronse de acordo ao estipulado no Artigo 8. 2 do Decreto 156/2012, do 12 de xullo, polo que se crea a Comisión de Seguimento das Directride de Ordenación do Territorio de Galicia, levantándose acta de cada unha delas. 

Documento/s relacionados
  • Enquisa de Percepción Territorial e Urbanística (EPTU) (formato PDF) Descargar  (1.388 KB)