CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

03 - Axencia de Turismo de Galicia

O departamento implicado na sustentabilidade territorial, neste grupo técnico de traballo, é a Axencia de Turismo de Galicia. O grupo conta coa presenza da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático como órgano ambiental  e do Instituto Galego de Estatística, membros permanentes dos GTT, co obxectivo de validar o sistema de indicadores en coherencia coas obrigas establecidas no proceso de avaliación ambiental e na procura de acadar a oficialidade dos datos xerados.  No que se refire o Instituto de Estudos do Territorio (IET) este asume o papel de coordinación, poñer as ferramentas e facer as propostas obxecto de estudo e validación no seo dos GTT, co fin de elevar a Comisión de Seguimento para a súa aprobación.

Cabe subliñar que este sistema de seguimento da sustentabilidade territorial lévase a cabo a través de tres ferramentas: os indicadores de desenvolvemento e implantación (IDI); os indicadores de sustentabilidade territorial (IST) e a enquisa de percepción territorial e urbanística (EPTU).

Neste grupo técnico de traballo desenvolvéronse os seguintes indicadores de sustentabilidade territorial (IST), pertencentes ao bloque Sociedade e economía, subloque Turismo:

  • Intensidade turística
  • Estacionalidade turística
  • Camiño de Santiago

As sesións de traballo celebráronse de acordo ao estipulado no Artigo 8. 2 do Decreto 156/2012, do 12 de xullo, polo que se crea a Comisión de Seguimento das Directrices de ordenación do territorio de Galicia, levantándose acta de cada unha delas.

 

Documento/s relacionados
  • Enquisa de Percepción Territorial e Urbanística (EPTU) (formato PDF) Descargar  (1.388 KB)