CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

16 - Ente Público Portos de Galicia - Axencia Galega de Infraestruturas (AXI)

Os departamentos implicados na sustentabilidade territorial, neste grupo técnico de traballo, son Ente Público Portos de Galicia - Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) O grupo conta coa presenza da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático como órgano ambiental  e do Instituto Galego de Estatística, membros permanentes dos GTT, co obxectivo de validar o sistema de indicadores en coherencia coas obrigas establecidas no proceso de avaliación ambiental e na procura de acadar a oficialidade dos datos xerados. No que se refire o Instituto de Estudos do Territorio (IET) este asume o papel de coordinación, poñer as ferramentas e facer as propostas obxecto de estudo e validación no seo dos GTT, co fin de elevar a Comisión de Seguimento para a súa aprobación.

Cabe subliñar que este sistema de seguimento da sustentabilidade territorial lévase a cabo a través de tres ferramentas: os indicadores de desenvolvemento e implantación (IDI); os indicadores de sustentabilidade territorial (IST) e a enquisa de percepción territorial e urbanística (EPTU).

Neste grupo técnico de traballo desenvolvéronse os seguintes indicadores de sustentabilidade territorial (IST), pertencentes ao bloque Ocupación do territorio e Mobilidade, subloques Intensidade e Situación modo a modo:

  • Superficie e usos portuarios
  • Intensidade media diaria de vehículos nas estradas autonómicas

As sesións de traballo celebráronse de acordo ao estipulado no Artigo 8. 2 do Decreto 156/2012, do 12 de xullo, polo que se crea a Comisión de Seguimento das Directrices de ordenación do territorio de Galicia, levantándose acta de cada unha delas.

 

Documento/s relacionados
  • Enquisa de Percepción Territorial e Urbanística (EPTU) (formato PDF) Descargar  (1.388 KB)