A realización das diversas actividades desenvolveuse a través do persoal científico e técnico de Instituto de Estudos do Territorio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, xunto co da Axencia de Ecoloxía Urbana do Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular. Xunto a eles participaron, de forma permanente, expertos en ámbitos específicos do desenvolvemento sustentable.
O Instituto de Estudos do Territorio (IET) conta cun comité de expertos que foi conformado polas seguintes persoas: Manuel Borobio Sanchiz (Ordenación territorio, urbanismo e SIG), Melania Payán Pérez (Ciencias ambientais), Francisco Castelo Rodríguez (Clima, xeografía e sociedade), Alfredo Fernández Ríos e Juan Ignacio Varela García (Geoportal).
Eixoecoloxía conta cun comité de expertos formado por: Emilio Fernández, Gonzalo Méndez, Ricardo Bento, Francesc Cárdenas e Francisco Pan-Montojo. Este equipo coordina o conxunto de actividades e documentos. Adicionalmente participaron Luís Ramos e Carlos do Álamo.
Expertos externos.