CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Introdución

A Lei 7 /2008, do 7 de xullo, de protección da paisaxe de Galicia, no artigo 14º, sinala que “A Xunta de Galicia fomentará a incorporación da materia da paisaxe nos distintos ciclos educativos, e promoverá a formación de especialistas en materia de intervención da paisaxe”. Estas iniciativas enmárcanse no artigo 6º.c) do Convenio Europeo da Paisaxe, onde se sinala a necesidade de desenvolver medidas específicas de formación e educación:

“Cursos escolares e universitarios que, nas disciplinas correspondentes, aborden os valores relacionados coas paisaxes e as cuestións relativas a súa protección, xestión e ordenación”.

Para acadar os ditos obxectivos o Instituto de Estudos do Territorio (IET) desenvolve diferentes actuacións ligadas á educación e á sensibilización que apostan por potenciar os valores de respecto e coidado das paisaxes propias.