CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Premios Somos Paisaxe 2016

A Xunta de Galicia convoca a primeira edición do premio “Somos Paisaxe”, unha iniciativa que se inscribe no marco de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e a Fundación Galicia Sustentable.

O premio ten como obxectivo recoñecer iniciativas que teñan realizado unha contribución de cara a aproveitar o valor das paisaxes galegas como factor clave para o seu propio desenvolvemento. A intención é realizar unha convocatoria anual, e establecer unha temática distinta en cada edición.

Nesta primeira convocatoria, consideraranse fundamentalmente iniciativas sociais que promovan a sensibilización e implicación da poboación coa paisaxe, polo que se recoñecerá ás iniciativas de acción social que aposten pola protección, xestión ou posta en valor dunha paisaxe ou dun elemento en particular.

O xurado considerará especialmente o impacto social; os resultados da iniciativa; así como a capacidade para conseguir que a cidadanía estableza unha relación perceptiva do propio territorio e a contribución para o desenvolvemento dunha conciencia colectiva, tal e como se prevé na Convención Europea da Paisaxe.

O proxecto premiado obterá unha dotación económica de 3.000 euros, mentres que o finalista recibirá 2.000 euros.

As bases completas de participación xa se poden consultar na páxina web www.somospaisaxe.org venta e os interesados terán de prazo ata o 15 de outubro para remitir as súas candidaturas.

Ligazon/s relacionadas