CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Información cartográfica

A documentación cartográfica dos plans que se entregan ao órgano ambiental no procedemento de avaliación ambiental estratéxica deberase achegar en formato electrónico con sinatura dixital (do/s autor/es) ou ben unha copia auténtica do orixinal (cos requisitos que establece o artigo 27 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións públicas).

O grao de detalle da información cartográfica será suficiente para poder avaliar as alternativas propostas e, no seu caso, o cumprimento dos criterios de sustentabilidade establecidos no documento de referencia.

A información xeográfica en formato dixital deberase adecuar ao indicado no documento Instrucións técnicas sobre a información xeográfica

Estas instrucións son un conxunto de especificacións técnicas coas que se pretende normalizar algúns aspectos da información, para axilizar a tramitación ambiental do plan e mellorar a súa análise territorial.