CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Borrador de plans de desenvolvemento urbanístico

O borrador dos instrumentos de desenvolvemento urbanístico conterá a información escrita e gráfica suficiente que permita debater sobre os seus criterios, obxectivos e solucións xerais. 

Formato de entrega
Achegarase un exemplar do borrador do planeamento en formato electrónico con sinatura dixital (do/s autor/es) ou ben unha copia auténtica do orixinal (cos requisitos que establece o artigo 27 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións públicas).

No soporte electrónico incluiranse os arquivos en formato PDF con toda a documentación gráfica e textual, así como a información cartográfica nun formato compatible cos sistemas de información xeográfica (SIX) conforme coas "Instrucións técnicas sobre a información xeográfica" publicadas na sección “Información cartográfica”.

Contacto/s relacionados