A solicitude de inicio da avaliación ambiental estratéxica simplificada dun plan ou programa debe remitirse ao órgano substantivo, xunto coa documentación esixida pola lexislación sectorial, o borrador do plan ou programa e un documento ambiental estratéxico (DAE).
A Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental establece no artigo 29 o contido que, como mínimo, debe ter o documento ambiental estratéxico.
O contido mínimo do documento ambiental estratéxico é o seguinte:
Afección a espazos protexidos Rede Natura 2000
Cando o plan que se inicia poida afectar a espazos da Rede Natura 2000 - e o plan non teña relación directa coa xestión destes espazos ou non sexa necesario para a mesma-, no documento ambiental estratéxico o promotor poderá acreditar de dúas maneiras que o plan non é susceptible de causar efectos apreciables sobre as especies ou os hábitats do espazo: (1) sinalando a parte do plan de xestión no que conste expresamente como actividade permitida o obxecto do devandito plan; (2) incorporando o informe emitido polo órgano competente para a xestión do espazo no que se determine tal circunstancia. [Artigo 84.2 da Lei 5/2019, do 2 de agosto, do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia]
Modificación menor dun plan ou programa
Cando se pretenda tramitar a modificación menor dun plan ou programa xa aprobado o contido do documento ambiental estratéxico poderá variar en función do tipo e do alcance da dita modificación, mais en todo caso deberase xustificar no documento a non inclusión dalgún apartado.
No documento ambiental estratéxico deberase identificar o/s seu autor/es indicando a súa titulación e, no seu caso, profesión regulada. Ademais, deberá constar a data de remate e sinatura do/s autor/es.
O promotor deberá indicar que parte da información contida no documento presentado considera que debería gozar de confidencialidade.
Formato dixital non editable (PDF) e asinado dixitalmente.
Cando se trate dun instrumento de ordenación do territorio ou de planeamento urbanístico, deberá estar adaptado ás Normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia.