A solicitude de inicio da avaliación ambiental estratéxica ordinaria dun plan ou programa debe remitirse ao órgano substantivo, xunto coa documentación esixida pola lexislación sectorial, o borrador do plan ou programa e un documento inicial estratéxico (DIE).
A Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental establece no artigo 18 o contido que debe ter o documento inicial estratéxico. O Regulamento da Lei 7/2008, do 8 de xullo, de protección da paisaxe de Galicia completou o seu contido (artigos 35 a 38).
O documento inicial estratéxico deberá conter, como mínimo, a seguinte información:
Cando se trate dun instrumento de ordenación do territorio ou de planeamento urbanístico deberá conter ademais:
Modificación dun plan ou programa
Cando se pretenda tramitar a modificación dun plan ou programa xa aprobado o contido do documento inicial estratéxico poderá variar en función do tipo e do alcance da dita modificación, mais en todo caso deberase xustificar no documento a non inclusión dalgún apartado.
No documento inicial estratéxico deberase identificar o seu autor/es, indicando a súa titulación e, no seu caso, profesión regulada. Ademais, deberá constar a data de remate e sinatura do autor.
Confidencialidade
O promotor deberá indicar que parte da información contida no documento presentado considera que debería gozar de confidencialidade.
Formato dixital non editable (PDF) e asinado dixitalmente.
Cando se trate dun instrumento de ordenación do territorio ou de planeamento urbanístico, deberá estar adaptado ás Normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia.