CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Delimitación de núcleo rural

As delimitacións de solo de núcleo rural deben someterse a avaliación ambiental estratéxica simplificada.

Lexislación de referencia:

• Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (artigos 78 e 83.6)
• Regulamento que desenvolve a Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (artigo 200.6)
• Orde do 10 de outubro de 2019 de aprobación das normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia
• Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia

O procedemento comprende as seguintes fases:

1. Solicitude de inicio

O órgano municipal competente remitirá ao órgano ambiental a solicitude de inicio da avaliación ambiental estratéxica simplificada, á que achegará un borrador do expediente de delimitación proposto e un documento ambiental estratéxico.

A documentación do plan (escrita e gráfica) deberá estar adaptada ás Normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia, sen prexuízo do disposto no punto 3 da disposición transitoria primeira da Orde do 10 de outubro de 2019.

2. Consultas previas

O órgano ambiental consultará ás administracións públicas afectadas e ás persoas interesadas, que se pronunciarán nun prazo de 30 días hábiles. 

3. Informe ambiental estratéxico (IAE)

O órgano ambiental formulará o informe ambiental estratéxico tras o remate do período de consultas previas. No IAE determinará se o expediente de delimitación de núcleo rural ten ou non efectos significativos no medio:

  • No caso de prever efectos ambientais significativos, o expediente de delimitación de núcleo deberá someterse ao procedemento ordinario de avaliación ambiental estratéxica e o órgano ambiental elaborará o documento de alcance do estudo ambiental estratéxico.
  • De non prever efectos ambientais significativos, o procedemento ambiental remata e o expediente de delimitación poderá aprobarse nos termos que o propio IAE estableza.

O informe ambiental estratéxico publicarase no Diario Oficial de Galicia e no portal web do órgano ambiental.

Órgano ambiental

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático
Edificio administrativo de San Lázaro s/n
15781 Santiago de Compostela

Documento/s relacionados
  • Procedemento ambiental para a delimitación de núcleo rural Descargar
Contacto/s relacionados